Xuntos polo Nadal evita a soidade dos maiores

Non pases só o Nadal: Xuntos polo Nadal

Pasar o Nadal só é unha dura realidade nalgúns casos, especialmente cando non se trata dunha elección senón dunha imposición de circunstancias persoais.

Para evitar a soidade nestas datas, durante moitos anos a Xunta de Galicia promove o programa Xuntos polo Nadal, dirixido a maiores de 60 anos que estean empadroados nun municipio galego e pasen estas datas sós, ademais de non padecer enfermidades contaxiosas ou trastornos do comportamento

A Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade organiza este programa de promoción do envellecemento activo e convivencia.

Prazas e destinos

Ofértanse un total de 295 prazas distribuídas do seguinte xeito:

– 115 na Residencia de Tempo Libre do Carballiño (Ourense), para as persoas solicitantes das provincias de Pontevedra e Ourense.

– 130 na Residencia de Tempo Libre de Panxón, en Nigrán (Pontevedra), para as persoas solicitantes da provincia de A Coruña.

– 50 no Complexo Residencial Xuvenil Lug II (Lugo), para as persoas solicitantes da provincia de Lugo.

Datas e servizos

Este programa levarase a cabo entre o día 23 de decembro de 2019 e o día 7 de xaneiro de 2020 e comprende os seguintes servizos:

– Estancia na residencia durante 16 días (15 noites).

– Aloxamento en habitacións compartidas e manutención en réxime de pensión completa.

– Desprazamento en autobús desde os lugares que se establezan nas localidades que corresponda (Santiago, A Coruña, Ferrol, Pontevedra, Vigo, Lugo ou Ourense) ata a residencia de tempo libre que se lle adxudique e viceversa.

– Actividades de animación sociocultural.

A recollida das persoas participantes efectuarase o día 23 de decembro pola tarde e a volta o día 7 de xaneiro despois do almorzo.

Persoas beneficiarias

a) Ter 60 anos, cumpridos no momento en que remate o prazo de presentación de solicitudes.

b) Estar empadroado nalgún concello galego.

c) Vivir so no seu domicilio e ter que pasar só/a as datas do Nadal.

d) Valerse por si mesmo e non padecer enfermidade transmisible con risco de contaxio, nin trastornos mentais ou condutuais non compensados que poidan alterar a convivencia durante o transcurso da estadía.

Para a selección dos participantes daráselle preferencia ás persoas que:

– Perderan ao seu cónxuxe ou persoa coa que convivisen nos últimos anos.

– Teñan máis idade

– Teñan un menor nivel de ingresos económicos.

– Non participaran no Programa Xuntos polo Nadal en pasadas edicións.

Solicitudes

As solicitudes, acompañadas do informe social e da declaración responsable, formularase nos modelos establecidos ao efecto e estarán debidamente cubertas e asinadas pola persoa que corresponda.

O prazo de presentación será ata o día 15 de novembro incluído

Nos servizos sociais comunitarios dos concellos, nos departamentos de traballo social dos centros de saúde ou hospitais, nas xefaturas territoriais ou Centros Sociocomunitarios de Benestar, dependentes da Consellería de Política Social.

Prezo da praza

As persoas participantes que teñan uns ingresos inferiores ao IPREM (537,84€/mes), asistirán de forma gratuíta ao programa, mentres que aquelas cuns ingresos superiores a dito importe contribuirán ao pago da estancia coa achega de 50€.

Os  gastos de desprazamento desde o domicilio dos adxudicatarios ata o lugar de saída que se indique nas localidades de Ferrol, A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra ou Vigo e viceversa serán por conta da persoa participante.

Documentación

As persoas ás que se lle adxudique praza terán que confirmar a súa asistencia e, no momento de incorporarse ao programa, ir provistas de:

 DNI ou pasaporte en vigor.

 Informe médico actualizado no caso de ter algunha limitación, alerxia ou enfermidade que requira de algunha atención especial (control sanitario, tratamento farmacolóxico, alimentación, accesorio de apoio, habitación individual …etc). De non levar a acreditación da necesidade, non se lle prestará ningún tipo de atención especial.

 Tarxeta sanitaria, medicación habitual necesaria e/ou accesorios para o transcurso da estadía.

 Roupa cómoda.

Maís información 

Redacción

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

A %d blogueros les gusta esto: