Taller de formación

consello6 Desde o pasado día 13 de Abril, no Centro Sociocomunitario de Coia, vénse impartindo un curso de formación para os membros de dirección e consellos dos centros: Pi Margal, Calvario, Bouzas, Teis e Coia.
consello1Impartido pola Sicóloga: Rosa Faraldo

FERRAMENTAS DE PARTICIPACIÓN COOPERATIVA
OBXECTIVO
Dotar ás persoas participantes de coñecementos e estratexias metodolóxicas básicas que as capaciten para iniciar a ruta da aprendizaxe cooperativa grupal.
DESCRICIÓN
consello11Coa nova creación da Rede Galega de Centros Sociocomunitarios de Benestar establécese un novo marco de traballo social no que a participación das persoas usuarias dos Centros se torna en elemento central. Con este obxectivo ponse en marcha o Consello de Persoas Usuarias en cada Centro.

A traxectoria particular dos Centro fai que cada Consello teña unha serie de características específicas, non obstante, compre afondar no común a través da creación dun espacio de traballo e reflexión no que desde os diferentes Centros, Direccións e Consellos se debata e se cheguen a acordos de funcionamento, á vez que se comparten ferramentas metodolóxicas que protocolaricen e optimicen o traballo grupal.consello3

CONTIDOS

– A realidade dos Centros Sociocomunitarios. Filosofía e obxectivos dos mesmos.
– Regulamento da RGCSB. Funcións do Consello e funcións da Dirección. Espazos en común.
– Traballo grupal. Organización e programación en equipo.

METODOLOXÍA

consello4Activa e participativa desde o enfoque de xénero. Desde esta perspectiva a monitora convértese nunha facilitadora grupal de persoas adultas que plantexa temas e guía procesos inductivos e deductivos desde o respecto e atención ás diferenzas obtidas a través das variables: sexo, idade, centro, e responsabilidades executivas.

TEMPORALIZACIÓN

16 horas totais, distribuídas en 8 sesións de 2 horas cada unha.
En horario de 9:30h a 11:30h nas seguintes datas:
consello5Luns 13, venres 17, luns 20, venres 24 e luns 27 de abril 2009.
Luns 4, venres 8 e luns 11 de maio 2009.

AVALIACIÓN

A metodoloxía empregada fai que ao principio e final de cada sesión se leve acabo un seguimento do aprendido e interiorizado, así como das dúbidas e suxestións que se poidan ocasionar. Por outra banda ao remate do taller se administrará unha enquisa de avaliación/satisfacción co mesmo.

A %d blogueros les gusta esto: