Xentes de mar e xentes de terra

fishing-948661_640Nas moitas veces que teño falado da vida dos homes de mar sempre me atopei, incluso mariñeiros, que relacionan como traballo máis duro o dos mineiros, e penso que é por falta de coñecemento das dúas profesións consideradas máis duras e perigosas.

Teño a idea de traer ás páxinas da revista do CSCoia, algunhas entrevistas con homes que navegaron ao longo de anos, e, neste primeiro artigo, que utilizo como limiar, vou intentar  establecer as diferencias que hai entre estas dúas profesións.

statue-54838_640Mineiro

A vida ocupacional do mineiro, comeza cunha xornada de traballo perante a semana según o calendario laboral  vixente en cada época que nos situemos. Traballo duro e perigoso, certo, sobre todo noutrora que chegaban as noticias de derrubamentos ou explosións de grisú, con mortos e feridos. Si no traballo se manca, é atendido por profesionais , e si é grave trasládano ao hospital.

Ó fin de cada xornada sae e pode asearse e voltar a casa coa súa familia, estár cos amigos , educar ós seus fillos e vivir na socidade como un traballador máis.

O mariñeiro

O mundo do mar é moito máis diverso; sobor de todo na pesca. Cando un barco desatraca do peirao, o mariñeiro queda aillado:  días ou meses según ao que se adique, ata que volte á porto.

Nese tempo non hai calendario, os días e as noites desde que chegan ó lugar de pesca son todos iguais, o traballo é contínuo, día e noite, con pequenos espazos para durmir, comer e pouco máis. Sacudidos polos ventos e mollados moitas veces;  convivindo un grupo de seres humáns en condiciós lamentabeis. Ceerto que hoxe os barcos son mellores e as condicións de habitabilidade  pouco teñen que ver co pasado, pero o traballo segue a ser constante.

O mariñeiro non só deixa lonxe a familia, tamén deixa aos amigos e á sociedade, para él non hai festas nin vida social, artística, deportiva, comunitaria, nin siquera contemplar unha panorámica ou pasear  por onde lle apeteza. Quizais o peor sexa que nin pode mirar ós fillos. Si os mira cada seis ou nove meses, á volta  dunhas poucas marés xa atopa que a nena converteuse nunha mullerciña, e o rapaz xa ten barba, e, a linguaxe viva e fresca dos fillos costalle entendela.

Xente reservada

O mariñeiro forma parte dun grupo de heroes que non contan as cousas do mar: o que pasa no mar, no mar queda: os medos, as rifas, as dúvidas…quedan no barco unha vez que atracan de novo ó peirao.

Cando se produce un accidente grave na mina, as novas corren de contado, as sirenas das ambulancias e dos bombeiros sacuden as conciencias da cidadanía, familiares e amigos achéganse a bocamina para ser testemuñas e coñecer directamente a sorte dos seus.

Os accidentes no mar non teñen máis testemuñas que eles mesmos. Os naufraxos de día ou de noite son frecuentes en calqueira océano, e alí non hai asistencia, salvo que teñan outro barco preto deles que os auxilien. A soidade na que se atopan, con fortes  ventos, augas frias ou xeladas, son motivo de afogamentos e mortes, e moitos deles, outras veces todos, alí quedan, no inmenso cemiterio oceánico…e os que voltan non contan ren, prefiren estar calados e protexidos polas familias.

E por non ter, nin sequera teñen dereito a votar, nin o Estado conta con eles, nin hai homenaxes para estes heroes anónimos.

Telmo Comesaña

2 comentarios sobre “Xentes de mar e xentes de terra

  • el 24 de noviembre, 2016 a las 19:06
    Permalink

    Telmo, hay profesiones durísimas, cada una en su ámbito. Mi padre era albañil y dormía en la obra, tapado con periódicos, en invierno. Al sol en verano con temperaturas de 40 grados. Y cuando los años venían y tenían que encofrar encima de esos andamios morían muchos en accidente. Hay trabajos realmente duros que, espero que con la revolución tecnológica, cambien. Como nos hablaba Javier, sí deseo y espero que sean los robots quienes hagan estos trabajos peligrosos, dirigidos por buenos albañiles desde tierra. Una sigue soñando con las utopías.

  • el 24 de noviembre, 2016 a las 20:40
    Permalink

    claro que as novas tecnoloxías liberaron a man de obra -carga e descarga e mantemento na mariña mercante, pero non albisco que os robors cheguen a sustituir ó mariñeiro. as tripulaciónsson máis cortas en máquinas e algo en cuberta, pero o mariñeiro que elabora o peixe, é insustituible

Comentarios cerrados.