Xente de mar, Suso Blanco

img-20161220-wa0010

A conversa de hoxe é con Suso Blanco. Cada home ou muller de mar ten a súa história, e abofé que todas e cada unha son máis interesantes, e as veces desconcertantes. Ninguén que non  pasara a vida no mar pode figurarse as incidencias e circunstancias polas que pasan.

Suso é un home  con  irmáns mariñeiros, dous deles foron patróns de pesca e de costa, e cada un deles viviu situacións de forte intensidade.

Cando falei con Suso, unha mañán de vran a sombra dunha laranxeira, funme decatando da súa calidade humán: cunha naturaidade que nalgúns casos arrepiaba, e que para él eran feitos sin importancia, o que demostra que foi un home arriscado e honrado, de palabra firme e comprometida.

Navegou polos mares planetarios, na pesca e na mercante: de mariñeiro e de cociñeiro.

Eu, a Suso, só o coñecía de vista, pero aos irmáns mais vellos xa me eran máis coñecidos e, ó pai coñecino moito mellor, porque foi o primeiro barbeiro que me cortou o cabelo, e aquel día chorei moito ó mirar os meus cabeliños tirados no chan; despois, seguiu sendo o meu barbeiro ata o seu pasamento.

Conversa

Comenzamos falando do tempo e de cousas intrascendentes, como si foramos facendo unha achega  que a min me importaba e él estaba disposto a satisfacer a miña curiosidade sobor da súa vida no mar.

Ti ben sabes que eu nunca me embarquei, pero como traballei en casa armadora, coñecín barcos e xentes do mar, e agora estou facendo un traballo pra dar a coñecer a vida da xente do mar para publicalo na revista dixital do cscoia (Centro Sociocomunitario de Coia), e xa que logo, pregunto:

-Dime Suso, cándo empezaches a navegar,  de qué e en qué mares?

-No mar empecei aos 16 anos de cho (axudante de cociñeiro) nos mares de Canarias, e despois  fun de  mariñeiro ao Gran Sol no arte da baca. Despois naveguei na mercante en   barcos alemáns, e máis tarde voltei a pesca en barco factoría en Malvinas,  e novamente ao Gran Sol.

img-20161220-wa0009Alternancia

-A alternancia entre pesca e mercante  abofé que ten que ser moi diferente, -cómo foi esa experiencia?

-Na pesca, o traballo á baca, é seguido: cada catro horas o aparello está arriba e hai que recolllelo e procesar o peixe e gardalo; nos últimos anos a pesca xa se facía máis complicada, porque había que separar as especies, e iso aumentaba a confletividade. O mal tempo e o frio son enemigos, moito máis cando os barcos eran abertos; aguantarse traballando enriba da cuberta sacudidos dun lado pra outro e mollados, é duro. As manobras tamén son perigosas e o tempo para descanso moi pouco…e que non teñas un embarre, que entón podes votar moitas horas sin descanso. Podese decir que na pesca non hai horas libres máis que para comer – moitas veces sentado cunha man no prato e outra coa culler e, a botella do viño presa entre as pernas, porque o balance levache o que teñas enriba da mesa.

-Na mercante  é outro mundo: embarquei nun barco alemán de carga xeral: levabamos fosfato de África para Xapón, e alí cargabamos coches pra America do Norte. A xornada era de oito  horas e si traballabas máis tempo pagabancho extra. Andiven nél dous anos, e tiven que deixalo porque os sindicatos alemáns protestaron porque os estranxeiros ocupaban os postos de traballo. Eu estaba ben querido: o capitán quería que seguirá, mais non foi doado porque como non levaba dez anos non me deron a nacionalidade alemana.  Despois embarquei  en outro, pero aconteceu o mesmo problema, non tiña naconalidade alemana.

-Logo fun a Malvinas nun factoría , e ali, o traballo era como en calquera barco, coa diferencia que as condicións de seguridade e confor nun barco deses é moito mellor, pero as campañas son de seis ou nove meses. Voltei ao Gran Sol de mariñeiro e logo pasei a contramaestre, e andando o tempo tiven un acidente nun pé e pasei a cociñeiro ata a xubilación.

-Dime entón, cómo era a convivencia?

– No mar a convivencia casi nunca se lle da importancia, porque o cansanzo pode máis que ninguna outra cousa, e cando hai algunhas rifas sempre rematan sin consecuencias, agora ben: nas campañas tan largas como as de Malvinas, si  que hai peor ambiente entre a xente, ainda que cando chegas a terra ves que aqueles que máis diferenzas  tiñan son os mellores amigos.

Accidentes e incidentes

-Teño idea que no mar hai accidentes, ás veces moi graves. Nese amplo percorrido marítimo, tiveches ou viviches algún accidente?

– Si, un mozo novo morreu  a consecuencia de atrapalo a maquinilla de cuberta. Lebámolo a porto, pero despois o patrón xa nos comunicou que morrera. E o que ti chamas un incidente foi o salvamento dun barco da mesma casa que un golpe de mar, un día de moito temporal estivo a punto de afundilo, e a tripulación foi rescatada polos helicópteros. O barco quedou ao garete e o armador por telefonía pediu de tratar de recuperalo; por alí había máis barcos, e daquela, as leis dabanlle o barco a quen o collera. Nós estabamos maís preto para intentar achegarnos cando amainara o temporal, entón eu dixenlle ao patón que ía eu a facerme co barco, e dous compañeiros viñeron comigo: fomos nunha balsa e votei un gancho  arriba para subir pola corda, pero o mar e o vento separábanos e íamos dun lado pra outro, as mans ardianme, ata que conseguín palmearme pola corda para enriba e despois subir ós outros, e fixémonos co barco. A balsa quedou inservible dos golpes contra o costado do barco. O de maquinas que subiu comigo intentou arrancar algún motor pero foi imposible, non había eletricidade e estaba medio inundado,  e as cousas: viveres e pertenzas dos tripulantes, todo polo chan.  O compañeiro deu cunhas baterías e pudemos facer un café quente, refrescamos o peixe que estaba a bordo e decatámonos do risco que corremos.  Cando amainou, o noso barco deunos un remolque e así viñemos ata Vigo.

Eles  cumpliron, mais ó armador faltoulle sensibilidade.

-Bueno Suso, despois de oir o teu sereno relato, reafírmome na nacesidade de coñecer e recoñecer a vida dos homes de mar.

-Moitas Gazas por doarme a túa memoria, e por deixarme que a publique. Coido que esta túa aportación fai moito ben pra as xentes do mar.

-Unha aperta solidaria, amigo.

Telmo-ComesañaFotos: Ramón Pérez

Telmo Comesaña   dicembro 2016

2 comentarios en “Xente de mar, Suso Blanco

  • el 22/12/2016 a las 11:44 am
    Permalink

    Impresionante la foto y la vida de este hombre. Toda mi admiración a la gente del mar, desde las mariscadoras hasta el último grumete. La palabra miedo para ellos tiene otro significado, si es que la usan alguna vez

  • el 24/12/2016 a las 3:32 pm
    Permalink

    Es sabido que entre los trabajos más duros están la minería y la pesca. Los que no sabemos bastante de estos oficios, creemos que el mar es mejor porque están al aire libre y no están bajo tierra.

    Pero cuando leo relatos como éste y el que escribió Telmo la semana pasada,. me doy cuenta de lo duro que es el mar, aunque sea tan hermoso.

    Gloria.

Los comentarios están cerrados.

A %d blogueros les gusta esto: