Xente de mar, Ramón Pérez Alonso

Coa conversa de hoxe con Ramón, ímos coñecendo tamén a vida no mar caribeño e austral. Moncho é un deses homes, que mais ben do seu traballo fixeron unha aventura: tres naufraxios, galardoado polo alto mando da pesca en Malvinas, e outras histórias que tuveron resonacia nos xornais.

Hai anos que sabía das andainas de Moncho contadas polo seu pai Ramón Pérez Dominguez, fraternal amigo, coñecidos cando buscabamos o motivo polo que foran asasinados os nosos pais: o seu tranviario e o meu albanel, mais agora compre que o fillo nos fale da vida no mar e as súas consecuencias, e así, as xentes lectoras da revista do cscoia, terán unha máis ampla información da vida das xentes do mar.

Conversa

Bueno Moncho, quero comenzar agradecendoche a entrega da memoria da túa longa vida de home de mar.

-Dime entón, cándo empezache a navegar e en que caladoiros?

– Empecei aos dezaseis anos de mariñeiro na pesca na costa africana, e logo, fun ó Gran Sol tamén de Mariñeiro. Ó voltar da “mili”  ingresei na Escola de Nautica e saín capitán. Para facer os días de mar, requeridos para a titulación fixen ata de chó, pelando patacas e o que fixera falta.

Xa como capitán naveguei nun iate de corenta metros de eslora, dun acaudalado inglés que ía dunha a outra illa  a prol dos seus negocios. Alí aprendín a falar inglés. Malia que a vida era  tranquila e pracenteira aburríame; aquilo   xa non era para min, e dalí, funme de novo a pesca nos mares de Chile, Malvinas, mar de Ross, xa como patrón de pesca, e logo,  nun coreano como asesor de pesca. Naveguei tamén nun finlandés.

-Teño falado con xente dos mares de Canaris, Gran Sol e Trranova, pero non coñezo a vida dos mares austrais, e a miña curiosidade non ten límites, entón, seguimos.

-Con qué tipo de barcos, artes, tripulacións  traballaches?

-Barcos factorías , con trinta e oito ou corenta tripulantes, traballando ao palangre, en campañas de tres meses ou o que cadrara. Ó sur do Cabo de Hornos casi sempre con frio e mal tempo, a pesca é de pescada negra (moi apreciada) e rosada. Outro dos problemas era cando chegaban as orcas e os cachalotes, que así como íamos levantando o peixe íano comendo, e había que irse da zona.  En Malvinas era semellante e, no mar de Ross, a campaña comenzaba en decembro, (vran austral), e a flota segue a un rompe xeos que ía abrindo camiño. Agora foi declarado santuario da biosfera. Outro problema neses mares son os paxaros; tes que largar de noite, porque os alcatraces votanse ao engado dos anzós e faise unha desfeita.

Convivencia  

– E dime, como é a vida dunha tripulación tan grande e tanto tempo no mar?

-Hai unha diferencia entre as costumes de España e esa zona: as diferencias entre ponte e cuberta non existen: o comedor é para todos por igual, e iso non merma a autoridade da xefatura, cada quen sabe cal é o seu posto. O traballo é  contínuo, en quendas de  de dezaseis horas, con media hora para xantar, e oito horas de descanso. A convivencia non é mala, compre saber manexar os momentos difíciles. A xente vas coñecendoa polas súas reacións, e cando alguén explota, compre ter serenidade e esperar a que se normalice a situación, e aí, remata o problema.

-E cando alguén se accidenta quén asume os coidados que precise o ferido?

– O capitán, que unha parte da formación son os primeiros auxilios: curar feridas, coser  un corte, inxectar, reanimar, suministrar un fármaco, etc.

Naufaxios

-Ti naufragaches varias veces, cómo foi e en que mares?

– O primeiro foi nos mares de África; unha via de auga foi o motivo que produciu o afundimento, e  rescatounos un petroleiro que navegaba en lastre e, tuvemos que subir dezasete metros pola escaleira que nos votaron,menos mal que o mar estaba calmo e pudemos ver como o barco daba volta e afundía.  O  segundo foi en Malvinas nun factoría que se incendiou, e rescataronnos en helicópteros, e o terceiro un  embarrancamento, e alí si que vin un gran perigo para salvarme.

Galardón en Malvinas

-Explícame o motivo da concesión do galardón.

-Aquelas xentes son moi patriotas, e danlle importancia a cousas que para nos non a teñen, e aconteceu que fun o primeiro capitán que entrou alí ó mando dun barco de capital enteiramente inglés, e agasallaronme coa bandeira do país. O acto foi recollido polos xornais:

Funancial & News, Falkland Islands News Network, Penguin News, Falkland Island .

Resumo

Con esa vida de navegante en diferentes caladoiros, flotas, armadores, linguas, -qué diferencia viches cos barcos españois?

-Coa xente sempre te vas entendendo e con respecto aos barcos ai diferencias, por exemplo: dende hai anos os barcos dos países nórdicos van moi ben equipados para as tripulacións. Os armadores españois só pensan en facer moita adega, deixando reducidos os espazos para os tripulantes: no barco finlandés tiña xinasio e sauna; iso é impensable ainda hoxe, entre nós.

-Bueno Moncho, coa túa autorización este artigo vaise publicar na revista do voluntariado do Centro Sociocomunitario de Coia, e será unha oportunidade para saber algo máis da xente de mar.

Fotos: Ramón Pérez

Telmo Comesaña     Decembro 2016

Un comentario en “Xente de mar, Ramón Pérez Alonso

  • el 30/12/2016 a las 1:53 pm
    Permalink

    En este reportaje se refleja la diferencia que hay en el trato a los trabajadores en unos países y otros.

    En los barcos de los países nórdicos cuidan al marinero hasta el punto de proporcionarles lujos tales como, gimnasio y sauna. Tal vez no tanto, pero sería bonito que los armadores españoles facilitaran mayor espacio para que los marineros pudieran descansar con algo de comodidad y no en los reducidos espacios que les facilitan.

    Lo digo porque, una vez vi un barco de pesca por dentro y me espeluznó el reducido camarote de los marineros.

    Gloria.

Los comentarios están cerrados.

A %d blogueros les gusta esto: