Xente de mar. Ramón Armada

xente-do-marNo artigo do 24 de novembro comentaba que era o limiar dos seguintes nos que publicaría as conversas coa xente que pasou a vida traballando no mar: pesca de baixura, altura e gran altura. Ao longo dos anos 50 e parte dos 60 do pasado século traballei  de mecánico  nunha casa armadora  e coñecín os barcos de pesca e parte das tripulacións, e iso faime ser máis sensible coa xente adicada a procurar parte do alimento que necesita a socidade; e o mariñeiro é o máis sufrido e o seu traballo o  menos recoñecido.

Hoxe publico as conversas co amigo Ramón. Él e máis eu temos falado de todo menos do traballo. Coñezo a familia de Ramón, aos dous irmáns, tamén  homes de  mar: boa xente. Ramón é discreto, honrado e amigo noble. Atopámonos a cotío, e falamos, e puxemonos de acordó en falar da vida no mar, e unha mañán, a sombra dun nispareiro empecei preguntando:

Conversa

-Ramón, fálame da túa vida no mar. Cando empezaches e en qué tipo de barcos.

-Empecei ós 15 anos de chó  na  baixura, despois fun ao Gran Sol de mariñeiro, pasei a axudante de contramaestre , dispois a contramaeste, e logo funme a Escola  Nautica a estudar para patrón, e daí en diante andei sempre de patrón.

– Dime, cómo eran os barcos e a convivencia.

-Daquela os barcos de baixura eran a vapor, e a vida era moi mala porque non tiñan comodidades: durmiamos nun tambuche a proa, sin ventilación e amoreados uns enriba dos outros; non tiñan retrete e tiñas que facer as necesidades pola borda; a comida era a palometa que pescabamos con patacas, e si non viña peixe, comias patacas solas.

O Gran Sol fun en parella e os barcos seguían sendo deficientes: a hixiene era mala porque non tiñas auga suficiente – había que reservala para a caldeira – que non se lle podía meter salada.Os catres tamén eran ruíns, e había ratos, pulgas, cascudas , etc, ata que chegou a ZZ e as desaladoras, que entón xa pudemos ducharnos e combatir os parásitos.

A convivencia non era mala, había de todo, pero o mar é así.

2008-09-07_img_2008-08-31_02-00-58__42-edrenr-31082008
Buques de la flota bacaladera, en la Ría de Vigo. / FDV

– Dime Ramón, cómo era o traballo en parella? Eu traballei, como ti ben sabes, en casa armadora e coñecín barcos do tipo do Bernardo Alfageme e máis pequenos que ían o Gran Sol, e despois a Terranova

– Ai, o Alfageme, daquela era un barco grande e según dician, Barreras distribuia moi ben os barcos para as tripulacións, pero nos demais seguían sendo moi reducidos.

O traballo en parella era máis levadeiro, porque os dous barcos alternan os lances, entón queda mais tempo libre, pero o problema en Gran Sol son os malos tempos: vento, chuvia e frio a cotío.

-Xa que falas dos malos tempos, lembro que tiñan chegado dese caladoiro, laiandose de que a volta colleran un temporal tan forte que non puderon cociñar en dous días. Ti tamén tes esa experiencia?

-Si home, claro: ó vir cargados, o barco mete de proa e como a cociña vai a popa, non hai forma de que as perolas aguanten nin estando atadas, e si se intenta volvese papas, entón comias o que tivera o cociñeiro, embutidos ou algo así…

Xa de patrón andei sempre nos mares do Sur, costa de Marrocos e Mauritania; alí os tempos son mellores aínda que para traballar tes máis problemas porque os fondos son volcánicos e rompes moitos aparellos.

Voltamos a falar dás manobras para pasar o cabo dun barco ó outro para virar e levantar o aparello. Lembro amigo Ramón, que nunha ocasión chegaron a Vigo os Tabeiróns, viñan do Gran Sol, e tuveran un abordaxe dun barco o facer a manobra, e pouco lle faltou pra atravesarse enriba do outro: un deles traía a obra morta doblada enriba da cuberta, e o outro a proa na parte da quilla doblada , o que demostra a perigosidade da manobra.

-Si, cando hai mal tempo hai que tomar moitas precaucións. (Ramón dá unha explicación profesional da manobra que non é doado reproducir)

– Dime compañeiro, ben sei que o procesado do peixe faise na cuberta, chova, vente ou faga frio e mollados, e, a reparación das redes?

– A reparación das redes tamén, oh! ¿entón onde iamos facelo?, xa sexa de día ou de noite.

Traballo na baca

O traballo na baca é durísimo, día e noite: os lances son dunha media de catro horas, e entre lance e lance, hai que procesar o peixe e gardalo, e esa faena é de dúas ou  tres horas, logo para durmir e comer tes unha hora entre lance e lance, sempre que non embarres. Cando hai problemas tes que atendelos de contado, si estás a durmir ou a comer, deixas todo e poste a atender a manobra ata que rematas, que pode ser poucas horas ou corenta e oito horas sin descanso. Nos mares do Sur é frecuente porque os fondos son volcánicos.

En rampeiros

-Ti xa anduveches en barcos rampeiros, dime a diferencia entre os barcos con cuberta e sin cubrir, como eran ata hai poucos anos.

-Os rampeiros teñen mellores condicións de habitabilidade e, ademáis, o mariñeiro traballa cuberto; non hai risco de que un golpe de mar cause unha traxedia. Nestes barcos tamén melloraron as condicións alimenticias, sobor de todo si tes un bó cociñeiro, mais o traballo segue sendo contínuo e o tempo para descanso casi nulo, coa particularidade que as mareas chegan a ser de sesenta ou setenta días, – falo dos mares de Canarias, porque en outros caladoiros pode chegar a seis ou máis meses –  o que fai duro o aillamento dos homes do mar.

-Dime entón cómo se pode resistir tanto tempo sin ir a terra?

– Pois aí é cando a convivencia se fai máis dura, a xente fáltalle  agarimo, o estar coa muller e coa familia, a vida sentimental e sexual; todo iso fai que as veces, malia que as condicións dos barcos sexan mellores, os problemas tamén o son, e chegas a pensar, que sicolóxicamente o cansanzo permanente do traballo, fai de amortiguador de penas e desexos.

Salarios

-Entón o rendemento económico será mellor que traballando en terra.

– Nunca o foi, o mariñeiro gaña moi pouco, proba foi xa nos anos setenta e oitenta, cando a xente se ía traballar a Citroen, e hoxe é ainda peor.

https://www.vigoe.es/
https://www.vigoe.es/

Bueno Ramón, amigo meu, agradezoche que me permitas difundir esta conversa  que se vai publicar na revista do voluntariado do Centro Sociocomunitario Coia

Xa rematada a conversa, Ramón faime unha pregunta:

– Podo dicir unha incongruencia?

– Pois claro, faltaría máis!.

Pois que deixen estar aí ó Bernardo Alfageme onde está,  porque é moi bonito. E bota unha gargallada. Irónico Ramón.

Unha forte aperta e ata sempre

Texto: Telmo Comesaña   decembro 2016

3 comentarios en “Xente de mar. Ramón Armada

  • el 09/12/2016 a las 10:36 am
    Permalink

    Me gusta mucho. Siempre tuve un gran respeto por estas personas que trabajan en el mar, pero es bueno que se nos recuerde. Gracias por hacerlo.

  • el 09/12/2016 a las 9:19 pm
    Permalink

    Hay algo de lo que Ramón no habla. El largo tiempo que pasaban los marineros lejos de casa. Seis meses al año.

    Lo sé porque tuve compañeras de colegio que sus padres estaban en el mar.

    Algo muy duro e impagable. Aunque entonces se decía que ganaban muy buenos sueldos.

    Gloria.

  • el 09/12/2016 a las 10:36 pm
    Permalink

    Práceme que difundir a vida dos homes do mar sirva para decatarmonos de que existen persoas ailladas polos mares do mundo. Ramón si qque fala de que hai caladoiros onde as campañas son de seis meses ou máis.

Los comentarios están cerrados.

A %d blogueros les gusta esto: