Volve: Coñece Vigo 2020

Asunto: Volve con todas as medidas de seguridade o programa de visitas guiadas e gratuítas Coñece Vigo,

Pola presente queremos informalle de que imos retomar, tras o aprazamento da convocatoria en marzo debido á situación, o programa de visitas guiadas e gratuítas “Coñece Vigo 2020”, impulsado pola Xunta de Galicia. Dirixido principalmente a asociacións e colectivos da cidade, a iniciativa está aberta tamén a particulares, que poden facer a súa inscricións na páxina web que apuntamos neste correo. O programa volve agora con todas as medidas de seguridade e prevención necesarias (protocolo hixiénico-sanitario e grupos reducidos) e coa ilusión de dar de novo a oportunidade aos vigueses de saberen máis sobre a historia, lendas, devanceiros e segredos desta cidade.

Coñece Vigo 2020 está formado por un total de nove itinerarios seguros, conducidos por guías oficiais, profesionais cualificados e, mesmo, nalgún caso, por personaxes históricos.

Podes consultar toda a información, medidas de seguridade e o calendario sobre o programa nos documentos que achegamos e inscribirse directamente na páxina na páxina web: www.turismo.gal, no banner Coñece Vigo, ou premendo aquí

Súmate á esta iniciativa e Coñece Vigo con nós. Agardámoste!

Redacción

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

A %d blogueros les gusta esto: