Visitamos a Editorial Galaxia: unha aposta clara pola cultura galega

Fai uns días, e invitada polo grupo de voluntarios do Concello de Vigo, tiven o pracer de descubrir esta emblemática editorial de e para Galicia. Unha editorial onde se deron cita os grandes escritores da resistencia galeguista. Tales como Alfonso R. Castelao, Eduardo Blanco Amor, Álvaro Cunqueiro, Ánxel Fole, Ramón Otero Pedrayo, Vicente Risco, Fernández del Riego, Carlos Casares, etc

P3210163

Visita organizada polo grupo de voluntarios do Concello de Vigo.
Un grupo de persoas voluntarias do Concello de Vigo, integrado por xentes do mundo da cultura, están realizando un estupendo labor en prol do coñecemento da nosa cidade, os libros e, en definitiva, o que supón esta rica diversidad que é a Cultura. Actividades que poñen ao alcance de todo cidadán que queira participar.

Unha editorial co obxectivo de que a lingua galega estea presente en todo o mundo.
Recibiunos Francisco Castro, editor de Galaxia, quen nos foi guiando por cada unha das salas. Foi unha desas visitas onde aprendes, porque nolo explicaron moi ben, o complicado e complexo que resulta manter unha editorial, editar bos libros e, ademais, continuar apoiando iniciativas culturais en galego.

A editorial é unha S.A. cuxos accionistas, comentábanos Francisco, sempre reinvirtieron os beneficios na empresa. E así durante xa 63 anos e continúan facéndoo.

Galaxia nace como algo para Galicia -sinálanos- É un proxecto cultural sobre todo”.

P3210158

Francisco, cunha linguaxe áxil, rápido e versátil, contounos o funcionamento da Editorial Galaxia, desde os seus comezos, co obxectivo claro de servir como eixe á cultura de Galicia, ata a actualidade. “Vimos os libros nacendo”, con todas as súas tripas ante a vista dos correctores, maquetadores, editores, etc. Aprendemos moito de tintas, imprentas, etc. Segundo manifestábanos o noso guía, a editorial Galaxía só traballa con imprentas galegas, traballadores de aquí ou que vivan por aquí. Tamén parten de 3 Fundaciones, como son a de Otero Pedrayo, a Fundación Penzol (accionista maioritario) e a de Illa Couto. Tamén recordamos a un dos seus directores máis emblemáticos, como foi Carlos Casares durante moitos anos.

Démonos conta do bonito e complicado que é darlle un corpo físico a eses libros, onde os escritores cóntannos as súas historias. Unha vez visto o proceso es consciente que algúns libros que apostan pola cultura propia, non son tan caros, posto que teñen que sobrevivir dentro dun mercado voraz e moi competitivo, como é o caso chinés.

LOGO DE EDIT

“Nos- comentaba Francisco- queremos facer bos libros en galego e seducir. Temos que vivir a lingua con naturalidade, sen asociala coa obrigación nin os políticos”- referíndose á necesidade de seguir falando en galego. E tamén nos indicaba como están conseguindo facer realidade a presenza do idioma galego no mundo, apostando pola tradución , ás veces case inmediata, dos libros de éxito ao noso idioma. Caso por exemplo  “Harry Potter”

Preparando xa o libro do autor Das Letras Galegas: Roberto Vidal Bolaño.

Un libro que xa está na mesa a piques de ver a luz. A través dunha serie de entrevistas ás persoas que coñeceron a Bolaño, ofrécenos o perfil do homenajeado no días Dás Letras Galegas 2013. O libro inclúe tamén un dvd.

2012-06-29_IMG_2012-06-22_01.51.17__7748999

E un dos libros infantís de Galaxia, que máis éxito está alcanzando, é o de “Maria Fumasa”, que xa vai por varias edicións. Recomendámosllo para os netos.

Grazas ao grupo de voluntarios do Concello polo seu bo facer en prol da cultura e, por suposto, a Francisco Castro e a editorial Galaxia por seguir apostando pola cultura galega, malia os tempos que corren.

Texto y fotos:.A. Garrido.

Foto de Vidal Bolaño extraida del periódico “La opinión” de Coruña.

Un comentario en “Visitamos a Editorial Galaxia: unha aposta clara pola cultura galega

  • el 16/04/2013 a las 9:15 pm
    Permalink

    Visitamos a Editorial Galaxia: unha aposta clara pola cultura galega | CSC , es interesante, me preocupa, desde que os recibo no puedo parar de mirar todas vuestras sugerencias y estoy muy feliz cuando recibo uno más, sois lo mejor en español, me encata vuestra presentación y el curre que hay detrás. Un beso y abrazos, MUCHAS GRACIAS POR VUESTRO TRABAJO, nos alegrais la vida.

Los comentarios están cerrados.

A %d blogueros les gusta esto: