Vigo, sede da exposición itinerante "Galiciadixital"

O Centrosociocomunitario de Coia ha sido invitado a  exposición itinerante “Galiciadixital”, que organiza a Secretaría Xeral de Medios da Xunta de Galicia e que se celebrará na Fundación Peirao de Vigo, sita na Estación Marítima.

Esta exposición, converxencia entre arte e tecnoloxía, ten como obxectivo achegar o audiovisual e os multimedia á cidadanía e servir de plataforma de experimentación de novos sistemas e contidos audiovisuais realizados por empresas e as universidades galegas.

As novas tecnoloxías introducen ó visitante nunha atmosfera especial que nos amosa unha Galicia diferente, unha viaxe de sensacións, imaxes, luces e sons que envolven ó visitante e que lle permiten gozar dunha experiencia nova e divertida.

Ata o de agora, máis de 600.000 persoas visitaron esta exposición que a Secretaría Xeral de Comuniación ten aberta ao público de xeito permanente no Mosteiro de San Martiño Pinario, en Santiago de Compostela.

A exposición itinerante “Galicidixital“, de entrada gratuita e para todas as idades, estará en Vigo do 23 ó 29 (25 pechado) de Decembro de 2.010, con horario:  de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 h.

Esperamos que os que se acerquen a vela, queden satisfeitos da mesma.

Redacción

A %d blogueros les gusta esto: