Vigo contra a violencia de xénero

Enlaza Vigo é unha iniciativa do Consello Municipal da Muller e da Concellería de Igualdade do Concello de Vigo para o desenvolvemento dunha gran cadea humana na cidade o vindeiro 25 de Novembro de 2011, co gallo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Pretendemos que Vigo exprese dun xeito claro e contundente a súa condena  e repulsa contra o machismo e a Violencia de Xénero como unha das súas consecuencias mais tráxicas. Esiximos a todos os poderes públicos, medios de comunicación e sociedade en xeral un compromiso real e unha implicación decidida para combatir o terrorismo machista.

 

 

 

 

Germán

A %d blogueros les gusta esto: