“Viaxe á China Milenaria”

laotseportalTaller de Filosofía:
Viaxe á China Milenaría.

No taboleiro de anuncios do Centro Sociocomunitario de Coia-Vigo pódense observar uns carteis anunciadores de viaxes a distintos lugares de España e Europa. Hai meses existía alí, un cartel sobre un ” Curso de Filosofía” do que ninguén se imaxinou que o que realmente esperaba aos asistentes era unha formidable viaxe organizada por a axencia Espacio Gran Vía, cara ás fontes do coñecemento, milenario e atemporal, das que emanan a auga que erosiona a codia e labra o camiño da evolución.

Despois de visitar o campo de batalla da conciencia, lugar onde loitan os coñecementos propios (verdadeiros ou falsos, todos son nosos) saímos da India, e, sen deixala atrás pois o seu ensino nos acompañaba, introducímonos en China. Á nosa chegada, o estupendo guía da nosa viaxe, Julián Palomares, falounos de Lao-Tse (Vello Mestre) home do goberno do país que xa entrado en idade decidiu abandonar China. “Como te vas ir e deixarnos orfos da túa sabedoría” dicíanlle. E Lao-Tse, vendo que non eran os poderosos, dos que estaba farto, os que así lle pregaban, senón que eran os cidadáns, variou a súa idea e decidiu escribir as súas ensinanzas.
As ensinanzas de Lao-Tse fálannos do ser humano e a súa relación na creación (natureza). O humano está entre o Ceo (etéreo) e o Terreal (físico) e é o responsable da “Armonía” pois ceo e terra se comunican a través do seu pensamento (todo pensamento é previo a unha acción). O pensamento humano debe encherse de ceo e terra en xusta harmonía pois na natureza non existen as posturas extremistas. Non podemos escorrer a obriga de pensar pois na natureza todo é “fluxo continuo” pola dualidade ceo-terra. O camiño correcto do pensamento é elevarse a niveis superiores de conciencia. É a “Trasfiguración”, a alquimia interior, á que se chega polo “vacio” interno pois a utilidade da vasilla non está no barro que a conforma se no vacio que encerra. Lao-Tse díxonos que as virtudes artificiais non son tales virtudes pois non están no vacio, senón na arxila.
Nunha segunda etapa da nosa viaxe visitamos Kung-Fu-Tse, ao que chamaremos polo seu nome europeo: Confucio. Foi contemporáneo de Lao-Tse pero consciente de que as ensinanzas deste resultaban confusas para os humanos se dedico ao estudo e explicación das devanditas ensinanzas. Confucio explicou ao seu tempo e a xentes de entón que na natureza todo é “Orde” e para lograr a harmonía coa que o ser humano debe cumprir o papel que ten encomendado na relación Terra-Ceo, debe, primeiro, poñer orde no seu pensamento. A elevación a estados superiores de conciencia (ceo) debe realizarse cos pés no chan (terra). Dende aí debe lograr que o seu interior se encha de Xustiza (dar a cada cual o que lle corresponde de acordo aos seus actos e segundo a súa natureza) e de Fraternidade (irmandade entre todos os humanos pois somos partes dun mesmo ente vivo e o que un faga repercute nos demais) e as ferramentas para conseguilo son o valor (perder o medo, atreverse), a xustiza (ser comedidos), a sabedoría (prudencia), e a temperanza (equilibrio).

nenufarcoiaNon podemos dar o que non temos, polo debemos acadar no noso interior a necesaria Ética (formada pola Xustiza e Fraternidade). Alcanzada esta temos algo que ofrecer aos demais exercendo a “Política” que é a Harmonía do Grupo. Dende a nosa sabedoría ética xa poderemos realizar unha boa función social nos distintos ámbitos que nos toque vivir: na familia, a comunidade, a cidade, a provincia ou o país. Non mencione, e debo facelo, que antes de dedicarse ao estudo de Lao-Tse, Confucio foi ministro de xustiza.

Un abrazo fraternal a todas e todos.
Roxelio Álvarez

Fotos: http://www.frasesgrandes.com

http://www.elblogalternativo.com/voz-interior-de-lao-tse/

 

2 comentarios en ““Viaxe á China Milenaria”

  • el 24/02/2013 a las 9:33 pm
    Permalink

    Gracias Roxelio pòr tus escritos en buen gallego. Te animo a seguir enviando tus textos a la revista. Me gusta como escribes. Saludos. Alex

    • el 25/02/2013 a las 8:20 pm
      Permalink

      Grázas, Alex, polos teus comentarios e por non ter enconta as miñas eivas e valorar ben o fondo do texto. Observarías que as veces me como algunha verba. Iso é debido a que a miña mente corre máis que o meu ollo. Si, recoñezo que isto é unha falta de harmonía. Agardo de ti e dos/as demaís que me disculpedes pois eu non son, nin pretendo ser mestre de nada, so un humán o que se lle pode aplicar o conto aquel de “do dito ao feito vai un bo treito”. Xa ves, o refraneiro encerra saber, ou sexa, filosofía.
      Novamente, grázas. Roxelio

Los comentarios están cerrados.

A %d blogueros les gusta esto: