“Unidas contra as violencias machistas”

violencia

Lembramos: últimos días para inscribirse nestas xornadas formativas!

Desde a Concellería de Igualdade do Concello de Vigo informamos que os días 4 e 5 de novembro (venres e sábado) organizamos en Vigo unhas Xornadas, que baixo o título  “Unidas contra as violencias machistas” tratarán sobre a Violencia de Xénero.

Organización: Concellería de Igualdade e Consello Municipal da Muller de Vigo.
Lugar: sala de conferencias do Centro Social Afundación. R/ Policarpo Sanz, 26. VigoContaremos coa presenza de Mª José Díaz-Aguado, Rosa Cobo Bedía, June Fernández, Justa Montero Corominas , Carmen Castro García, ademais das profesionais dos servizos municipais de Igualdade: Ana García Barrio, Felisa Balboa Cardoso e Ana Kowalski Bianchi.En arquivo adxunto pódese obter información completa do programa.

Para asistir é preciso que se envíe cuberta a ficha de inscrición do programa ou os datos solicitados nesta ficha ao enderezo electrónico: xornadas.igualdade@vigo.org ou a través do fax 986 430 082.

Dado que o aforo é limitado outorgaranse as prazas por orde de inscrición. 
O último día entregarase diploma acreditativo de asistencia.

Redacción

Un comentario en ““Unidas contra as violencias machistas”

  • el 04/11/2016 a las 10:00 pm
    Permalink

    O problema da violencia machista semella aos incendios en galicia: nunca se coñecen as causas que os motivan. Na prensa de hoxe – venres, 4 novembro -informan que a violencia dos adolescentes contra os país, aumenta exponencialmente. e digo eu, si isto acontece é que se están a educar ós fillos de forma tan permisibel que están fora de control, e, que pasará con eses mozos cando compartan a vida cunha parella,pois que serán máis violentos. Resumo: coido que ímos no camino desnortado e compre pensar na educación dende a teta da nai. Os fillos non poden ter dereitos ilimitados para facer o que lles peta

Los comentarios están cerrados.