Unha tarde de outono cos nosos maiores
O pasado día 13, con motivo do 19 aniversario da apertura da residencia asistida para maiores no meixoeiro, o grupo de gaitas, baile, e pandereteiras Rebuldaina, actuou na devandita residencia.
Pódovos dicir, porque así o vivín, que foi unha tarde chea de ilusión e alegría para todos os residentes e acompañantes que alí se atopaban.
Comezou a actuación cunha breve presentación por parte da asistente social da residencia e a continuación Suso, o director do grupo, foi presentando as cancións e bailes coas que ían actuar, a medida que se desenvolvía o espectáculo Suso e as compoñentes do grupo invitaban aos residentes a participar das súas
cancións e bailes.
Cando estaban aproximadamente pola metade da actuación todas as compoñentes do grupo baixaron do escenario, mesturándose con todos os residentes e ao son das gaitas puxéronse a bailar con todos, pódovos dicir que era unha marabilla ver as caras de felicidade que se vían nos residentes e no das propias compoñentes do grupo.
A actuación finalizou cantando todos xuntos a popular canción A Rianxeira
Felicidades ao grupo Rebuldaina pola vosa labor
Germán
Gracias por tus palabras cariñosas y de ánimo.
Casi, casi que pierdes la cabeza cuando ves a todas aquellas personas disfrutando y la entrega no tiene límites.
Hasta la próxima incondicional reportero.
Será un placer que nos acompañes cuando puedas.