Unha razón máis para estar activo e realizar exercicio físico.

dscf2635Os adultos maiores con músculos fortes teñen menos risco de desenvolver Alzheimer que os seus semellantes máis débiles, revelou un novo estudo.
O equipo da doutora Patricia A. Boyle, do Centro de Enfermidade de Alzheimer Rush, en Chicago, achou que canta máis forza muscular presenta unha persoa, menos probabilidades ten de que se lle diagnostique Alzheimer.
“Os resultados apoian a relación entre a saúde física e a función cognitiva durante o envellecemento, e a importancia de manter un bo funcionamento físico e da forza”, dixo Boyle a Reuters Health.
As persoas dentro do 10 por cento con máis forza muscular era un 61 por cento menos propensas a desenvolver Alzheimer que o 10 por cento máis débil. Os participantes máis fortes sufriron tamén unha deterioración máis lenta das súas habilidades naturais no tempo.
A explicación máis viable para Boyle desa relación entre a función cerebral e a forza muscular é que hai algo no organismo que dscf2766produce debilidade muscular e deterioración cognitiva.
Mentres que o estudo non puido demostrar si manter a forza muscular evitará a aparición do Alzheimer, Boyle opinou que estar en bo estado físico é unha boa idea e faille ben ao cerebro.
“Estamos convencidos de que é moi importante facer actividade física e traballar para manter a forza muscular. A boa saúde física é clave para o bo funcionamento cerebral”, engadiu a autora.

FONTE: Arquives of Neurology, novembro da 2009 NOVA YORK (Reuters Health)
http://www.nlm.nih.gov/medlineplus/spanish/alphanews_e.html

Redacción

2 comentarios en “Unha razón máis para estar activo e realizar exercicio físico.

  • el 08/12/2009 a las 3:10 am
    Permalink

    Muy bien Germán. Este artículo es interesante e informativo. Saludos. Alex

  • el 12/12/2009 a las 3:00 pm
    Permalink

    Creo que la actitud ante la vida debe ser activa y cuanto más tiempo mantengamos esa actividad, mejor. No sólo debemos cultivar la cabeza, sino también cuidar el tono muscular con ejercicios físicos adecuados. Ceneme

Los comentarios están cerrados.

A %d blogueros les gusta esto: