Unha grata sorpresa: o Centro Social de Coia
Cando quedei coa miña querida amiga Herminia para tomar ese café que hai tanto tempo lle “debía” non podía imaxinar o que ía descubrir: o Centro Social de Coia.
Se ben son camiñante da “Avenida”, descoñecía a existencia dese edificio detrás do Pavillón.
Despois dun café na cafetería que tan estupendamente atende unha vella coñecida, fomos percorrer as distintas dependencias onde puiden contemplar distintas exposicións: os estupendos traballos de RAKÚ -técnica descoñecida para min- cheos de vida e cor ; os traballos de BOLILLOS , con demostración en vivo ; a exposición do ano 1957 , que me fixo lembrar unha chea de historias da miña infancia e unha entrañable clase-exhibición de ximnasia e BAILES onde ademáis de batuca, charleston … un grupo de trinta e tantos xoves animosos bailaron unha sinxela e orixinal danza grega, “Movimiento perfecto”, que inspiraba paz e tranquilidade.
Por todo isto, teño que darvos a noraboa a todos e todas os que colaborades e/ou disfrutades deste marabilloso centro que conta cunhas magníficas instalacións e mellores actividades.¡Noraboa a todos!
Marisa Rivas – Xuño 2007