Unha de Nadal: “Papa Noel, pero …. non do todo”

noel-15 Hai poucos días na entrada do Corte Inglés, atopámonos  o meu marido (que ese día ía vestido cun chuvasqueiro vermello) e eu, cunha amiga acompañada dos seus netos, un de tres anos e outro un pouco maior. Tardarei algún tempo en esquecer a cara do máis pequeno, era unha mestura de asombro, admiración  e timidez, non daba crédito…, non quitaba os ollos do rostro do meu marido, de súpeto démonos conta do por que: cría que a súa avoa estaba a falar co mesmísimo Papa Noel.

O meu marido púxose axiña  no seu papel e aclaroulle ao neno que non era Papa Noel senón o seu amigo que vivía e traballaba con el no “emporio”  dos xoguetes, iso de ser parecidos e amigos é tanto como dicir que  todos os habitantes de Laponia  son fortes, recheiños, teñen barba e pelo branco, e ademais van vestidos de vermello. Seguiu dicíndolle a Pepe, que así se chama o neno,  que podía aproveitar para pedirlle algo si desexábao, que llo faría chegar ao auténtico Noel, o neno seguía mirando timidamente e ao fin dixo: si que es Papa Noel ….. Pero non do todo.

O meu marido non podes ir de vermello no Nadal, algúns xa vos imaxinades por que e iso que procura pasar inadvertido a base de darlle cartos  a os barbeiros mantendo a súa barba na mínima expresión.

O tema xa vén de lonxe,   en múltiples  ocasións non lle quedou máis remedio que asumir a súa oculta identidade, hai pouco unha nai latina  preguntaba ao seu fillo:

–                     Quén é este señor?

Ao que o anxiño cunha cara de satisfacción  contestaba: San Nicolás!!!!

El que non quere usurpar a identidade volveu a dicir que era o seu amigo, acto seguido o neno entregoulle un debuxo ( era a súa carta para San Nicolás) co convencemento de que xa non necesitaba botala ao correo.

O meu marido traballa con adolescentes, estes están xa máis “espabilados” e durante este mes xorden   as típicas bromas:

–          Profe déixoche a lista?

–          Que lista?

–          Que lista vai ser ….a dos agasallos

–          Profe déixoche a carta?

–          Que carta?

–          A dos agasallos!!

Admite encantado as bromas e alcumes propios do seu parecido…… Ou  case sempre porque ate Papa Noel ten dereito a vacacións…… Cóntovos:

Unha tarde de verán e vestido coa típica vestimenta  de“turistero” que non  presaxiaba que estivese de servicio achégasenos unha nai correndo co seu neno:

–          Verdade que é Ud. Papá Noel?

Mentres nos  chiscaba un ollo e   nos dicía polo baixiño: é que se parece vostede tanto a El

–          Si, pero estou de incógnito, aínda así vouche a dicir unha cousa: este ano podes pedir moitas cousas porque chas vou a traer todas.

O neno foise encantado correndo pola praia, a nai non sei si quedaría moi contenta co compromiso adquirido por Papá Noel a conta do seu peto.

Seguimos paseando e dígolle  que non foi moi honrado comprometer á nai diante do neno ao que o contéstame:

–          Peor fose dicirlle que si eu me parezo a Papa Noel o seu marido parecese  aos remos do meu trineo

E é que mesmo “Papá Noel” ten un mal día e desde logo as vacacións son sacras en todos os convenios, no do  Nadal tamén.

http://www.100pies.net/Gifs/Navidad/PapaNoel/noel15.gif. imagen movil

Un comentario en “Unha de Nadal: “Papa Noel, pero …. non do todo”

  • el 21/12/2009 a las 12:49 pm
    Permalink

    Para quienes conocemos al protagonista de esta historia nos explicamos la confusión. Pero, además, el caballero en cuestión también da una imagen de 10 como personaje de la revolución más idealista. Es guapo y, también puede dar la imagen de super millonario culto e interesante. En definitiva es un señor con carisma y camaleónico. Nuestras felicitaciones a la gran mujer que hay delante de él.

Los comentarios están cerrados.

A %d blogueros les gusta esto: