Un día de labra

a mallaEntre marzo e maio faciase a labra, dependendo si as terras eran de secano ou de rega. Ese día era de moito traballo e organizabase de antemán, xa que o labrador tiña outros compromisos e compría porse de acordó con él.

Preparación.

Pola mañanciña, despois de que as primeiras raiolas do sol votaran as tebras da noite, chegaba o labrador acompañado do criado e o carro de bois, cargado co arado, a grade, estrbo e os trebellos complementarios. Na casa estaba todo peparado: a terra tiña o rego aberto, a herba cortada e o esterco esparexido. E para os bois, herba fresca e palla para darlle na pjarada para o almorzo. A xente que ía intervir, as sementes, as ferramentas necesarias e a cociñeira disposta para ter o almorzo arredor das dez; o garrafón do viño a mán, para cando alguén quixera apagala sede. A parada era obrigada para descansar, humanos e animais,e repor forzas.

labregos pesqueiraLabrando.

Xa todo listo, bois, arado e o labrador, coa vara de agullón, diante dos bois, comenzaba a viral aterra, metendo abaixo herba e esterco; detrás do arado ía o criado que era quen lle daba volta ó arado e controlaba que o rego fora ben e non se empacharan as pezas. Os dous homes compenetrabanse para facer un bo choio e non esforzar aos animais.

Si a sementeira era de patacas, un grupo de persoas ía detrás do arado poñendo a semente, gardando a distancia entre as pezas e a altura; outras persoas ían rompendo os terróns e achansando a terra. Si a sementeira era de millo: labrabase, sementabase e gradabase, primeiro de dentes e logo de costas para achansar a terra.

Rematada a labra quedaba rematar a faena: cavar os cadabullos e pechalo rego que deixara o arado.

Xa todo cumporido comer algo, beber un grolo de viño, pagar e ata outra.

Texto: Telmo Comesaña

Foto http://espoesiadesdeagolada.blogspot.com.es/2013/09/labregos-de-terra-adentro_2.html

Cadro www.lavozdegalicia.es

 

2 comentarios en “Un día de labra

  • el 17/07/2016 a las 7:51 pm
    Permalink

    Telmo gracias por recordar tempos pasados e entrañables
    Saudos Mary

  • el 18/07/2016 a las 11:58 am
    Permalink

    Yo he conocido la vida del campo de hace años y te comprendo perfectamente. Reconozco que ahora trabajan con comodidades. Pero perdió el encanto bucólico, poético; aquellos ruidos de los carros, el trajín del ganado. Bueno, lo primero que se perdió fue la gente. Los pueblos están deshabitados; venimos a pasar vacaciones.
    Siempre sentiré admiración por nuestros antepasados que forjaron la historia de Galicia con tanto sacrificio
    Gracias, Telmo, por tu artículo.

Los comentarios están cerrados.

A %d blogueros les gusta esto: