Turismo portugués

Viaxar polo norte de Portugal en tempo de outono, é como facelo polas zonas galegas de viñedos.  A paisaxe cambia según as castes de viña: as brancas das tintas, e dentro das tintas as diferentes variedades.

A min góstame máis cando o día está un pouco gris e o sol fura por entre as nubes e forma  claroscuro facendo  que algunhas zonas teñan un ton máis craro que outro, e ese estado cambiante está en función do paso das nubes: o campo, o bosque, as viñas, o río e as casas brancas forman un cadro sublime  que cambia a cada momento, dende o abrente ao solpor. E xa que logo, propoño unha viaxe   de un par de días para disfrutalo mellor, ou de un si se quer facer máis apurado.

Ruta.

Vigo-Monçao-Arcos de Valdevez-Ponte da Barca-Lindoso-Entrimo-Castro Laboreiro-Santuario da Peneda -Melgaço-Monçao-Vigo. Distancia aproximada: 270 Km.

1º día. Saindo de Mónçao por unha estrada con moitas curvas pero con bo piso, chégase a Extremo, no cumio da serra; a partir de aí ábrese unha fenda que enlaza co val do río Vez. A estrada segue a ter moitas curvas, pero paga a pena percorrelo. Antes de entrar na Vila de Arcos, a esquerda, atópaste cunha pequena praia no río, e de contado  chégase  onde fora o antigo campo da feira, zona arborada con tilos e pradairos. Alí, sobre a metade, achegarse  e contemplar a canle desviada do rio: fai menos de cincuenta anos estaba cheo de mulleres a lavar a roupa e a cantar; tamén as vías axudarse unhas ás outras a retorcer as sábas da cama. Eran as lavandeiras de Portugal. “Malditas lavadoras, trebellos infernais” que nos tirou o pracer de contemplar unha tarefa comunitaria!

A parte vella de Arcos compre visitala polo miudo.

De Arcos a Ponte da Barca hai tres Km.; mellor ir pola estrada vella e pasar pola ponte dunha soia viatura, equipada con semáforo. A ponte, sobre o río Lima – Limia para os galegos – ten unha arquitetura interesante; recomendo visitar o  “posto de turismo”. Ponte da Barca é máis grande que Arcos, e compre un paseo polas rúas .

altar-de-cuarzo-1Seguindo a ruta  a Lindoso, a  oito Km a man dereita hai  un indicador: “Senhora da Paz”, e  a pouco está o santuario, – en  realidade é  unha pequena capela que a simple vista ninguén se fixaría nela,  mais o “tesouro” é, unha descomunal pedra de cuarzo, que a teñen como altar, e que se  cadra que o sol entre pola fiestra, miranse  relampantexar os prismas. Esta visita non se pode perder.  Si está fechado chámase á porta de calquera veciño, que prestos atenden, e despois da capela abren o pequeno museo, no que se pode comprar algún agarimo ou deixar unha esmola.  (Toda esa zona de Arcos e Ponte da Barca está inzada de casas de “turismo de habitaçao”, destacando o Paço Vedro. Ten un turismo selectivo de holandeses e dinamarqueses).

Chegando a Lindoso, facer un percorrido polo pobo e subir a torre do castelo para ver a paisaxe e o “comunal” con máis de vinte espigueiros, (horreos) nos que gardaban as colleitas. E si aínda non xantástedes pode ser unha boa hora.

Saíndo de Lindoso deica á fronteira,- agora xa non hai  que aturar  ós guardinhas nin ós civiles -, e a pouco atópase cun indicador pra Entrimo; coller  esa estrada que cruza o encoro de Lindoso. Entrimo soio ten  de interese a igrexa, aínda  que sempre é bo esplorar .

novaDe Entrimo deica Castro Laboreiro (Portugal), vaise sin decatarse que se volve a cambiar de país, pero decataraste que a organización das aldeas é diferente, a paisaxe do monte tamén cambia: hai rochas que semellan figuras. Compre deixar libre a imaxinación. Á entrada da vila está o cemiterio ao carón do río. O pobo é pequeno pero alí hai roteiros para sendeirismo, cabalos, etc. O pobo está a 1000 m. de altitude, e aquí é onde se fai noite.

Por si é do interese de letoras e letores recomendo a albergaría  “Mira castro”  tfn 251460020.

2º día. A mañán pásase ben paseando polo pobo, visitando o cemiterio que está moi ben coidado e subindo ó castro. O xantar pódese facer cedo e  alí teñen dous pratos exquesitos: bacallau a broa e cabrito a serra.

Xa ben repostos, coller camino de Melgaço  e, a 8 Km chégase a Lamas de Mouro, cóllese a esquerda e a 12 Km está o Santuario da Peneda; paga a pena visitar o conxunto e a paisaxe. Voltar a Lamas de Mouro e… volta a vigo.

Telmo Comesaña   outubro 2016

Fotos Telmo y Sendereando

2 comentarios en “Turismo portugués

  • el 20/10/2016 a las 6:07 pm
    Permalink

    Pues sí que es una bonita excursión. Aunque conozco la zona , no he ido nunca por la senda que describes. A ver si hay oportunidad de acercarse…

  • el 21/10/2016 a las 11:01 am
    Permalink

    Estupenda excursión para disfrutar de los pueblecitos de Portugal.

    Desde aquí propongo que el Centro organice una con esa ruta. Seguro que habría muchos usuarios interesados en hacerla.

    Gloria.

Los comentarios están cerrados.

A %d blogueros les gusta esto: