Subweb violencia de xénero/Observatorio Municipal de Xénero

SUBWEB SOBRE VIOLENCIA DE XÉNERO:
Informamos que a concellería de Igualdade do Concello de Vigo vén de poñer en marcha o novo espazo web sobre Violencia de Xénero. Esta nova ferramenta ten o obxectivo de achegar os recursos municipais e fomentar a comunicación coa cidadanía.

A subweb www.igualdadevigo.org/violencia.php comeza cun atlas dos recursos que existen en Vigo sobre violencia de xénero, así como cos distintos teléfonos de emerxencias a disposición das vítimas. No menú da esquerda é posible acceder a información de interese, lexislación tanto autonómica como estatal, novas de prensa específicas no eido da violencia de xénero, enlaces, publicacións, asesoramento e solicitude de citas on line, e buzón de suxestións, entre outros apartados.

Co obxectivo de facilitar a información e achegar os recursos ás mulleres de orixe extranxeira tanto a utilización do asesoramento on line como da solicitude de citas on-line e o buzón de suxestións é posible facelo en cinco linguas, galego, castelán, inglés, francés e chinés.

OBSERVATORIO MUNICIPAL DE XÉNERO:
Queremos destacar tamén outra novidade na web da concellería de Igualdade: o Observatorio Municipal de Xénero, instrumento que ten como función recoller as queixas e as propostas da cidadanía en relación co Xénero e a Igualdade de Oportunidades. Este instrumento responde tamén á necesidade de avanzar cara á obtención de diagnose e análise sobre a situación das mulleres na cidade de Vigo.

A creación deste Observatorio ven recollida na área “Educación en Igualdade” do IV Plan de Igualdade Municipal de Oportunidades entre mulleres e homes 2009/2012, aprobado polo pleno da corporación municipal no mes de novembro de 2009.

O Observatorio pretende recibir as reclamacións cidadás sobre calquera situación que vulnere o dereito da igualdade de oportunidades na cidade de Vigo e difundir datos e estudos específicos sobre a situación das mulleres no noso contorno.

A concellería de Igualdade será quen tramite as queixas e propostas dando conta desta xestión ao Consello Municipal da Muller, órgano participativo e consultivo integrado por máis de 20 colectivos de mulleres da cidade.

Neste espazo web www.igualdadevigo.org/?sec=observatorio poderedes informarvos das funcións desta nova ferramenta, así como da plantilla para a formulación de propostas e/ou queixas.

Animamos a todas as persoas e colectivos a utilizar estas novas ferramentas web

Internet

Germán

A %d blogueros les gusta esto: