…..Si o Barco falara.

Alfagemeterminado1…Si o barco falara. Si o barco falara, qué nos diría?

Esta é a historia dun vello barco constuido nunha época de relanzamento industrial, e que despois dunha longa vida adicado á pesca foi abandonado nunha encrucillada fora do seu espazo ambiental.

Si o barco falara, podería contarnos cómo e onde naceu, a qué se adicou, o que sentiu, e o que esperaba ó chegar a vello .

Nacemento

Si o barco falara, contaríanos que nace nunha factoría viguesa da que saían barcos con todo o equipamento: (motores, eixos de empuxe e de cola, máquinas de cuberta, rodillos de proa e outros compoñentes). O barco non tiña memoria antes de por a quilla, pero a partires de aí foi tomando conciencia de que ía a ser un fermoso barco. Era da serie estándar e falaríanos dos técnicos que o deseñaron, dos caldeireiros conformando e montando chapas, solapándose unhas nas outras para ser “cosidas” con remaches, traballo duro e penoso. Falaríanos dos axustadores que montaron as máquinas, dos ferreiros, dos torneiros e fresadores que fixeron as pezas, dos eletricistas e dos carpinteiros e dos pintores que o puxeron fermoso.

AlfagemeterminadoportadaE chegoulle o día desexado para ir a flotar enriba do mar e poder moverse de seu. Ese día foi de festa rachada na factoría: engalanárono con cintas e bandeiriñas, e chegaronse ao seu carón unha morea de xente ben vestida: homes e mulleres que nunca alí estiveran; algúns, con uniforme e medallas colgadas no peito, outros, coas distincións xerarquicas do réxime e a máis alta autoridade eclesiástica da cidade para ler algo dun libro e salpicarlle una pouca de auga cun isope. Tamén estaba alguna xente de pouco valer para facer as manobras para botalo ó mar; pero, antes falaron e botaron discursos, a madriña do barco estoupou unha botella de champán que estaba pendurada dun rodillo de proa e, nisto, soltaron os carros e o barco foi a atoparse ceibe enriba do mar; e todo isto, cos aplausos e os vivas, os mais fortes, para o ditador.

Despois da botadura, fixeron as probas navegando pola ría, e, xa coa tripulación a bordo, sairon ao mar océano para dar un lance fora de Cíes.

O barco sentiuse orgulloso. Xa estaba completo para ir ó Gran Sol a por pescadas.

O barco sería moi feliz  se o levaran preto do mar e puxesen unha pantalla grande na que se pasara a construción e a vida dos traballadores que o fixeron, a das tripulaicións que o habitaron, os temporais sufridos, as alegrías cando viñan selados, metidos de proa pola carga e as festas que os armadores lle facían polo ben que lle sía.

A qué se adicou.

O barco fixo centos de viaxes ós mares de Irlanda, cunha tripulación de catorce homes: dous na ponte de mando, catro, en máquinas e oito, en cuberta. Traballou ó arrastre con outro de parella e, o tempo de maré era según a pesca, arredor dun mes.

A vida da tripulación era moi dura: os mariñeiros traballaban na cuberta, espostos ó vento, á chuvia, ó frio e ós golpes de mar; o patrón de pesca na ponte, atento ás manobras e ó movemento das ondas (achegarse un barco ó outro para coller o cabo para subir o aparello, sempre era una manobra perigosa, (un barco pode ir enriba do outro). O traballo en máquinas era mais levadeiro.

O habitáculo era moi reducido; a vida facíase no gardacalor, distuibuido en pequenos espazos: unha cociña, un retrete, un comedor e os catres para para a “tropa”, amoreados, uns enriba dos outros, e os patróns tiñan camarotes na ponte.

Si o barco falara, podíanos dicir cómo era a vida daquela xente: a solidaridade, as rifas, os medos, as bágoas, os rezos e as maldicións, os soños e pensamentos: cómo estará a familia, nacería o que estaba para nacer, morrería alguén da familia, a moza ou a muller andaríalle con outro; maldicións e preguntas sen respostas: por qué estou aquí e para qué estou, quén me aconsellou tan mal, etc. Nos temporais todos teñen medo, aínda que uns son mais fortes que outros: días sin poder cociñar e golpeados polas ondas, o patrón de costa aguantando a capa, poñendo a proa ó vento e resistindo. E neste ir e vi chega a facerse vello e vendeno para traballar a “baca” el soiño, e montanlle uns pescantes a popa que non lle gustan nada; el era un barco de parella e así remata a súa andaina polos mares. Líbrase do desguace porque se considera una xoia senlleira da da enxeñería naval, un ben para ser musealizado ó ser dos últimos barcos remachados , e foi doado ó concello de Vigo con ese obxectivo.

O que esperaba.

Pola desidia dos gobernos estivo a piques de perderse, ata afundiu arrimado a un peirao, e, por fin, rescatado do fondo e baleirado, so quedou o fermoso casco coa súa hélice.

reparan-bernardoSi o barco falara, diría que sempre estivo rodeado de xente; por fora e por dentro, acubillou ás tripulacións que ían a bordo e o valente, sempre os trouxo de volta, e agora está soiño no medio do barullo dos coches e cheirando os fumes que desprenden sin que ninguén se arrime a el. Dirianos que lle gustaría que os vellos caldeireiros e mariñeiros puideran achegarse cos seus netos e contarlle como se facía un barco, e contarianlle historias de mar e vento, de peixes, de amigos e de vida; pasarianlle as mans polos remaches e comentarían moitas cousas e asombrarianse por ter a sorte de darlle unhas palmadas as pas da hélice e sentir que soan como campás, e farían moitas, moitísimas fotos ao carón del. Pais, fillos netos, homes e mulleres de caldeireiros e de mariñeiros, e o barco sería feliz.

Si o barco falara…daría un berro: ¡sacademe de aquí! O barco sería moi feliz  se o levaran preto do mar e puxesen unha pantalla grande na que se pasara a construción e a vida dos traballadores que o fixeron, a das tripulaicións que o habitaron, os temporais sufridos, as alegrías cando viñan selados, metidos de proa pola carga e as festas que os armadores lle facían polo ben que lle sía.

Será posible? Si se quer, si.

Telmo-ComesañaTexto: Telmo Comesaña. Fotos: Paco

Feixoeira, maio, 2016.

2 comentarios en “…..Si o Barco falara.

  • el 21/05/2016 a las 8:37 am
    Permalink

    Un bonito artículo que refresca el pasado y nos sitúa en el presente.
    La pena, es el destino que finalmente se le ha dado, aparcándolo en una rotonda, debido a la mezcla de la política -la mala política- con el sentido práctico. Pero no hay que perder las esperanzas, todo es reversible.

  • el 21/05/2016 a las 12:18 pm
    Permalink

    Qué historia más hermosa Telmo. A partir de ahora saludaré a este “valiente” barco con el que me “atopo” varias veces a la semana. Es tan grandioso que parece que se apoderó de toda la calle, a uno y otro lado. Gracias por el artículo Telmo.

Los comentarios están cerrados.

A %d blogueros les gusta esto: