Sección de galego da Biblioteca Nacional de París

Extraido del periódico oficial del Concello de Vigo.

Nos parece una noticia muy interesante por lo que supone para la lengua galega:

“O tenente de alcalde, Santi Domínguez, e a concelleira de Normalización Lingüística, Iolanda Veloso, anunciaron que a Biblioteca Nacional de París amosara o seu interese pola literatura galega e decidira crear unha sección de infantil e xuvenil. Tras a xuntanza que mantiveron coa xestora dos fondos en literatura galega desta biblioteca francesa, Marie-Isabelle Prado, o edil asegurou que a inauguración desta sección na Biblioteca Nacional de París “vai prestixiar a nosa lingua, a nosa creación literaria e a difundir a nosa cidade”.

“O tenente de alcalde indicou que unha delegación de Vigo viaxará París cunha dotación bibliográfica integrada por fondos do Concello de Vigo e dos aportados polas diferentes editoriais do país. Adiantou que en breve este material estará a disposición da Biblioteca Nacional de París para abrir a sección de literatura infantil e xuvenil en galego”.

Esta iniciativa partiu do Clube de lectura de francés da Biblioteca Central, que dirixe Marie-Isabelle Prado, se puxo en contacto coa Biblioteca Nacional de París para facer unha visita as súas instalacións e ” a súa sorpresa” foi que dende o centro parisino “mostraron moito interese por crear unha sección bibliográfica de literatura infantil e xuvenil en galego”. A partir dese momento o Clube de lectura de francés contactou coa Concellería de Normalización Lingüística, dende onde se facilitaron fondos bibliográficos e se levaron a cabo as xestións pertinentes coas diferentes editoriais galegas para completar a dotación”.

No cabe duda que esta es una excelente noticia para la lengua gallega y, en definitiva, para toda la gran cultura de nuestro pais.

A %d blogueros les gusta esto: