"Sapere Aude" no Centrosociocomunitario de Coia

Como xa é coñecido por moitos socios e usuarios, vai para tres anos que Sapere Aude está a desenvolver o seu labor no Centrosociocomunitario de Coia. Daquela empezabamos cun proxecto que nos mesmas non sabiamos o que podia dar de sí.

Recén xubiladas a maioría de nós, compañeiras e amigas do Preuniversitario no Instituto Santa Irene, volvimos a encontrarnos ao cabo dos anos e, aínda con saúde e con ilusión, unímonos coa intención de traballar nun proxecto que se dirixira a aquelas persoas que, por diferentes motivos, padeceran a desigualdade que a nosa sociedade xenera.

Propoñíamonos incidir sobre algúns dos seus efectos, fracaso escolar, inadaptación, marxinación, sempre conscientes dos límites da nosa actividade, e pretendíamos facelo a traveso do ensino, actividade á que moitas de nós dedicaramos a nosa vida profesional.

De ahí xurdíu o noso nome, Sapere Aude, (Atrévete a Saber), como un reto fronte o fracaso escolar pero tamén como un reto para desenvolver e fortalecer os valores que a tarefa precisa.

Era o noso obxetivo dotar ós rapaces dunha racionalidade crítica que os fixera resistentes ás presións que a sociedade de consumo está a exercer sobre eles; potenciar a autoestima que os motivara á superación das dificultades propias da adolescencia e da situación social que lles tocou vivir e desenvolver neles ó desexo de aprender, de atreverse a buscar o coñecemento.

Así que despois de moitas reunións, nas que cada unha de nós fomos aportando ideas, intercambiando opinións e perfilando o que queriamos facer, apareceu Mª Carmen Cochón e o Centrosociocomunitario de Coia, que nos fixeron o préstamo de locales para poder desenrrolar nosa labor, al igual que fan con diversas asociacions culturais sin ánimo de lucro.

Non recibimos de Mª Carmen máis que apoio e estímulo. Xunto con ela, o seu equipo colaborador, o personal laboral do Centro e os socios, aos que durante ese tempo fumos coñecendo e tratando, todos eles fixeron e fan que estemos no Centro como na propia casa.

Hoxe Sapere Aude conta cunha ducia de colaboradores e polas nosas aulas pasaron máis dunha treintena de alumnos, galegos ou procedentes de paises como Venezuela, Brasil, Colombia, Arxentina, Bolivia, República Dominicana, Rusia, Marrocos, Guinea Ecuatorial… que tan ben recibidos son por parte deste Centrosociocomunitario de Coia.

Grazas a os integrantes do Taller de Petanca, aos Voluntarios da Informática,  Persoal do Centro, asicomo a  os da Cafetería,   a os socios e usuarios –persoas de idade que de forma espontánea interveñen interactuando cos rapaces con paciencia e cariño– fan que o labor formativo e de integración social que constitúe o noso obxectivo se realice moito mellor e que o noso traballo se convirta nunha tarefa especialmente gratificante.

Vaia para eles, que dan sentido como copartícipes ao noso proxecto, desde estas páxinas o noso agradecimento.

María Tereixa Vinhas

2 comentarios en “"Sapere Aude" no Centrosociocomunitario de Coia

  • el 20/12/2010 a las 7:56 pm
    Permalink

    Es de elogiar, sin duda alguna, la magnifica labor que este grupo de ex-maestras están realizando en favor de estos chicos, que espero que algún dia vean con satisfación que su esfuerzo no ha sido en vano.
    Un saludo.

  • el 21/12/2010 a las 4:56 pm
    Permalink

    Mi más cordial enhorabuena a ese grupo de cualificadas altruistas que son capaces de transmitir su saber de la vida y de conocimientos a estas nuevas generaciones de jóvenes más desfavorecidas. Felices fiestas para todos. Miguel Correa

Los comentarios están cerrados.

A %d blogueros les gusta esto: