Ruinas en la Finca Solita

 Una casa con bellas historias.Una casa con bellas historias.

A implantaición do “Asilo de Ancians Desamparados” no barrio da Sobreira –corazón da parroquia de Alcabre -, motivou que moita xente de Vigo e da contorna camiñaran polo camiño do Freixeiro, entre o cruceiro e o asilo; a xente chamalle a atención as ruinas  dunha antiga casa señorial e,  uns pasos adiante a nomeada, Rúa do Pazo Solita. E preguntan quén era a señora que merecéra tal galano

A Finca

A finca  – da que xa lle segregaran uns 3000m2  – tiña 27.000 m2 de superficie (ver plan xeral 1982), e, ía da encrucillada do Freixeiro  ó barrio do cruceiro. Estaba pechada cun muro de pedras de cachotes, agás a parte frontal e lateral da casa que tiña perpiaño de tercia traballada, con un pequeño portal preto da capela e o principal  para entrada de carruaxes na esquina, preto das primeiras casas do barrio.

No frontal traseiro da casa, o muro era baixo e tiña una reixa de ferro a altura do resto do muro; entre a casa e o portal principal tiña uns tilos tan frondosos que as ramas cubrían o camino, dando frescura no veran; na parte  dos camiños do Freixeiro e Fonte ,o terreo estaba adicado a viña e arbores frutais, e frente a casa arbores nobles (magnolios,camelios,redodendros,palmeiras de diferentes  especies, e xardín.

recorte3

As vivendas dos caseiros e as cortes estaban ó sur, seguindo da entrada principal. Preto do portal había una presa de auga  na que tiñan unha chalupa con remos  -paraque xogara o neno-, e a auga chegaba dunha mina de máis aló do Cristo, (pasaba pola finca dos meus avós). O resto da finca era para cultivo.

O nome de Solita venlle da derradeira muller que a habitou. O a finca era coñecida por “Cabrera”, e máis tarde “señorita Nena”.

A casa     

Era una casa señorial con capela incorporada , con columnas  e escaleiras a ambolos dóus lados,  na parte frontal; orientada  o oeste, con un patio interior  e coa cuberta de pizarra con formas redondeadas.

Estaba habitada

Dos anos da miña nenez ,embro que miñas curmáns levabanme alí e coñecín a señorita Nena, con falda acampanada ata os pes; un día preguntoulle de quen era o neno, e levoume con ela dentro da casa e deume unhs caramelos grandes. Poucos anos despois axudeille a misa na capela,  a que podía pasar a veciñanza e ela ía dende o cuarto anexo por una fiestra enreixada.

Desde la soledad de sus ruinas , la casa nos cuenta sus historias
Desde la soledad de sus ruinas , la casa nos cuenta sus historias

Alí vivía dona Antonia Pequenño   de Cabrera .Era viuva dun militar morto en África e casara moi noviña, de aí que a xente deulle en chamar señorita Nena. Tiña con ela dúas criadas, Enriqueta e Elvira. Enriqueta trouxo a vivir un sobriño que foi o que herdou a finca  e casou cunha moza de Bouzas, chamada Solita. Dona Antonia tiña coche de cabalo no que viaxaba a Madrid de onde la era.finou   moi velliña e repousa no cemiterio de Alcabre.

Do sevizo tamén sairon casamentos, un deles foi unhja tía miña que casou con un homes de Sárdoma empregado alí.

Venda e transformación

Na década dos 60, do pasado século, vendeuse e mercuna o promotor, José Espiña Muradás, quen ao abeiro do PXOU do 1971 intentou urbanizala. No plan do 1982 foi declarada “zona vere” e no plan do 1993 foi recalificada como edificable no 50 %, coa cesión ó  concello da outra metade, para novos viais e ensanche dos que xa existían,  e tamén  unha zona verde  pública.

As ruinas quedaron ó dispor do concello para equipamento de uso público para o barrio. O abandono é visible e desolador.

Texto y fotos : Telmo Comesaña

 

2 comentarios en “Ruinas en la Finca Solita

  • el 27/05/2016 a las 12:32 pm
    Permalink

    Animo a los usuarios/as a que nos envíen sus comentarios y recuerdos acerca de esta finca tan popular en Vigo. Hagamos un homenaje a la memoria y los recuerdos que configuraron nuestra ciudad y a los que vivimos nuestra niñez cerca de estos lugares. Gracias Telmo

  • el 28/05/2016 a las 9:40 pm
    Permalink

    Gracias Telmo. No conocía la historia de esta finca porque antes de que hubiera el asilo, no era fácil pasar por allí. Y viviendo en el centro de Vigo de la zona de Alcabre únicamente visitaba las playas.
    Ésta es una parte de la historia de Vigo que siempre es interesante saber.
    Espero que continúes contando esos recuerdos tuyos que nos enseñarán cosas de la ciudad que no sabíamos.
    Gloria.

Los comentarios están cerrados.

A %d blogueros les gusta esto: