"Romaría Etnográfica en Vilanova dos Infantes"

TODO UN DÍA DE FESTA , CON DERROCHE DE DELICIA E BÓ TEMPO.
PORQUE PASAR… ¡¡¡ PASÁMOLO COMA NUNCA!!!

O Día das Letras Galegas, martes 17 de mayo de 2.o11, como vimos facento durante estes últimos anos, o grupo de baile e pandereitas “Rebuldainas”  e o Taller de Bolillos do Centrosociocomunitario de Coia, asistimos a Romaría Etnográfica “Raigame”, en Vilanova dos Infantes(Celanova). A través das fotos que se mostran a continuación, facemos un repaso de como nos foi na romaría.

Martes 17 de maio, nove da mañá.
Non fagades moito ruido que ainda estamos a durmir ¡vaia cara de poucos amigos!.

Dando os últimos avisos para comezar. As Rebuldainas botáronse de sombreiro ¡que bonitiñas!.

Entre canto e baile unha paradiña, ¿pero onde está a xente?, aconteceu que fomos os
primeiros en actuar e non daban chegado… ¡que dura é a vida do artista!

Estamos na casa da Loli, unha rapariga das de Vagalume. Tódolos anos invitános na sua preciosa bodega para repoñer forzas.
Dende logo non hai verbas de agradecemento.

Estas dúas son de rachar, ¿en que estarán a pensar?.

Moita xente arrimóuse a nos, este é un deles, a verdade é que festa moita fixemos.

Coma tódolos anos, a viaxen foi cas palilleiras, recreádevos na sua laboura.

Sen verbas… ¡vaia pernas! e ¡ vaia cara de cansancio!

¡Meu deus, que elegancia!, seica parécenlle un pouco grandes. A cousa vai, entre O GATO CON BOTAS, e A Pantoja.

¡¡¡ donme os pés, non poido mais!, ¡estou cansa ! ¿cando imos ó coche?.

Canto nos di esta imaxen, ámbolos dous unidos pola música. O amor dunha avóa e seu posible neto.

E chegamos ó final, de volta para Vigo.  ¡¡¡ ate outra, torre de Vilanova dos Infantes!!!.

QUE PARA O PRÓXIMO ANO PODAMOS ESTAR TODOS XUNTOS

Dolores

Un comentario en “"Romaría Etnográfica en Vilanova dos Infantes"

  • el 24/05/2011 a las 12:23 am
    Permalink

    Hola son Marise:
    Alegrome muito que as REBULDAINAS voltaran satisfeitas da Romeria de Vilanova dos Infantes, quero compartir este comentario con todas e a proveito para felicitalas por sua actuacion. , gracias a todos que nos acompañaron .
    LA REBULDAINA MARISE…..

Los comentarios están cerrados.

A %d blogueros les gusta esto: