Reunión dos Consellos de Usuarios da provincia, do día 9 de Maio 2011

Celebramos no Centrosociocomunitario de Coia, a reunión preceptiva, con asistencia dos conselleiros e directoras de Bouzas, Calvario, Teis, Rivera Atienza, Vigo, Redondela, Tuy e Coia.
A reunión foi longa, pero monocorde. Só tratouse cumpridamente un tema. O de sempre, a nosa preocupación, nunca resolta?… a decepción que é para os Consellos dos Usuarios, a desatención da Administración.
Cantas veces comentámolo?… Cantos intentos ensaiamos para conseguir ser escoitados?…  E sempre sen éxito.
Somos incansables?… pero cada vez menos. Cada vez máis, chegamos á conclusión, que non interesamos en absoluto á Xunta.
Vai facer tres anos que fomos elixidos, e seguimos case igual que entón.
A orde do día, xa reflectía o noso cansazo?  Pero outra vez decidimos seguir loitando para que nos escoiten.
Ata agora, só recibimos ou SILENCIO, ou falsas promesas, e digo falsas, porque nunca se cumpriron.
Hai que ter moral, para seguir intentándoo, pero como nos achamos en portas de que se convoquen novas eleccións, por estar a piques de cumprirse o noso tempo, acordamos dirixirnos outra vez á Consellería de Traballo e Benestar, pedindo que nos reciban en Santiago.
A experiencia dinos, que somos utópicos ao intentalo, cos antecedentes de habernos ata chegado a dicir, que nin recibiron o noso Burofax, nin a solicitude presentada no Rexistro.
Esta vez, decidiuse, que de non ter éxito, dirixámonos por correo certificado ao Presidente da Xunta, achegandolle probas dos nosos intentos.
Valerá de algo?… Persoalmente dubídoo.  A impresión que teño é que á Administración só importámoslle, para utilizarnos cando lles convén a eles, e das nosas reivindicacións, pasan olímpicamente.
Oxalá me equivoque?…pero o dubido.

 

 

 

Antonio

Portavoz dos Consellos de Usuarios

2 comentarios en “Reunión dos Consellos de Usuarios da provincia, do día 9 de Maio 2011

  • el 19/05/2011 a las 5:23 pm
    Permalink

    Por lo que nos cuenta Antonio, no cabe la menor duda de que el actual gobierno de la Xunta no tiene el más mínimo interes en recibir a los miembros del “Consello de Usuarios” de los respectivos Centrosociocomunitarios. De esta manera se quiere desentender de los “Consellos”, privando así a todos los usuarios de los mismos, de una representación legal ante la administración, para que defendieran mejoras y prestaciones de cada uno de los Centros dependientes de la Xunta.

  • el 20/05/2011 a las 11:45 pm
    Permalink

    Está claro que no les interesa que los usuarios estemos representados ¿por qué?. es que asi el pueblo poco informado se puede manejar mejor, pretenden que no nos orienten, que no nos abran los ojos.
    Bien señores, pués ya sabemos lo que tenemos y deberíamos saber COMO ACTUAR.

Los comentarios están cerrados.

A %d blogueros les gusta esto: