Retorno

 

AviónFun dos últimos en entrar no avión. Unha azafata guioume até a penúltima  ringleira  -debido a miña limitación visual preciso de axuda- e sinaloume  o  banco ao carón do corredor. Ao carón da xaneliña estaba sentada unha muller que manexaba o dispositivo no que se apreciaban fotografías. Saudei e fun correspondido afectuosamente.

Xa acomodado unha moza pediume si me era o mesmo sentarme no medio; así ela podía partillar coa compañeira que sentaba do outro lado. -Pois claro que si  muller; a min tanto me ten, e mudeime de contado. (eran dúas xoves avogadas coñecidas o día anterior que viñamos  da mesma xeira). Entón,  quedei ao carón da que xa estaba alí.

Ela oíunos falar en galego e preguntou: -ides para Vigo? Pois si, somos un pequeno grupo e estamos un pouco preocupados porque o enlace en Madrid está moi xusto de tempo. O mesmo penso eu, dixo ela. Dúas horas de amigable conversa.

O meu distintivo de “tengo baja visión” foi o primeiro que saíu a relucir: díxenlle que padecía DMAE (dexeneración macular asociado a idade). Pois resultou que ela non era oculista, pero si cirurxián-torácica e xunto a outra compañeira foran á Bélxica por cuestións profesionais.

Esta viguesa traballadora da saúde, altamente cualificada, é defensora do público e  da mellora da sanidade.Atardecer en Vigo

Falamos de todo: ensino, universidade, oportunidades, aproveitamento da intelixencia, da xente que se ten que ir porque aquí non pode formar unha familia, entre outros problemas que lles xorden unha vez rematadas as carreiras. Tamén da sociedade que vai detrás de calquera que “fale ben” sen reflexionar.  De políticos/as que teñen o mesmo predicamento e as mesmas ofertas para un tempo de “hoxe para mañá”. Non hai ningún que nos diga a onde ten que ir este país, que queremos para dentro de vinte anos.

Despois de profundar un pouco máis nestas reflexións chegamos a conclusión de que non hai obxectivos e daquela só se fala do inmediato, de atender ao primeiro que diga algo no que apoiarse para acadar “votos”. Os votos son o único obxectivo que se convirte na palabra máxica: “Poder”. O poder mal entendido da posibilidade de mellorar o “status” de familiares, amigos e amigos dos amigos e dalgúns máis que se arrimen sempre que consigan “votos”.

Curiosidade

Eu -que todo o tempo me é pouco para preguntar- quero aproveitar a ocasión de falar polo miúdo cunha persoa de tan alta cualificación sobre a “Sanidade” en Galicia; as queixas dos profesionais son continuas:

SergasQue pasa na Sanidade, de que se queixan os/as médicos e enfermeiras?

– Como en tantas outras cousas hai falta de previsión, os médicos de familia están nunha situación insostible, a carga é moi grande e por enriba se teñen unha urxencia no exterior teñen que atendela, deixando desatendida a xente que espera, co descontento que orixina nas persoas que non entenden a situación   e mostran o descontento co profesional de turno.

– Falta de médicos que se cobren con “gardas” que leva a facer moitas horas sen descanso.

– A inseguridade, ao non  ter un traballo fixo  e estar pendente dunha chamada e en consecuencia a eventualidade de non permitir formar familias e ter unha vida normalizada.

Vese algo positivo?

TAC-Si, a tecnoloxía avanza exponencialmente, como exemplo a cirurxía.Hai poucos anos un cancro de pulmón detectábase cando xa estaba moi avanzado e as operacións en moitos casos eran infrutuosas. Pola contra, arestora, grazas a resolución dos novos “Tac”,  a doenza localízase cando está no comezo. Eses casos póñense con carácter de urxencia e cun pequeno buraco nun costado  problema resolto; aos dous días está a recuperarse na casa.

En Resume: evítase o sufrimento dun corte grande, o sufrimento das persoas e das familias, e as largas estancias no hospital. Porén o costo é moito menor.

Observo nela unha persoa vocacional, amante da súa profesión e preocupada pola falta de previsión e pon como exemplo a falta de pediatras.

Aínda ela seguía falando cando eu –cheo de dúbidas -ía sentíndome admirado dos e das profesionais que nos atenden día a día. Que a maioría son galegas e galegos, que como esta muller, son de Vigo –moitas e moitos fillos de traballadores, xente humilde que tivo que facer moitos esforzos para que fillos e fillas chegaran  a un nivel que hai cincuenta anos nin soñabamos. E velaquí que son os e as nosos coidadores silenciosos e  que só descobres cando se che presenta unha oportunidade como a miña.

Que inxusto! Os/as que estudan durante anos para mellorar a nosa vida, non teñen o recoñecemento dun futbolista ,dun cantante ou dun político.

Compre pensar!

 

 

Telmo Comesaña   Novembro 2019

 

A %d blogueros les gusta esto: