"Reporteiros Galegos Solidarios falan da nosa Revista"

Repor1

A semana pasada os voluntarios del Centrosociocomunitario de Coia que confeccionan a Revista Digital de dicho Centro,  tiveron  a visita de una xornalista da organización AGARESCO (Reporteiros galegos solidarios), para facernos unha entrevista que a continuación reproducimos:

“A Primeira revista senior  online de Galicia cumpre catro anos

Unha equipa de 15 persoas xubiladas con idades entre os 45 e 74 anos (delas, 5 mulleres) fan posible esta iniciativa do Centro Sociocomunitario de Vigo-Coia, www.cscoia.com, coordinada por unha xornalista manchega. A revista dixital informa sobre todo o que acontece no Centro, ademáis de abordar cuestións de actualidade, reportaxes sobre viaxes, benestar social, axudas e programas da Xunta, INSERSO, saúde, cociña, historia, ou creación literária e poética. Os seus artíficaes son voluntários que fan un novo número cada semana e acaban de incorporar a 4 “becarios”, tamén xubilados, que acadarán a veteranía logo de realizar información durante un ano.

Mónica González Alonso (AGARESO/Vigo).– A profesional do xornalismo Alexandra Garrido Ruíz (manchega afincada en Vigo) e mais o profesor de informática Ángel Burrué, déronlle os coñecementos básicos sobre información e redacción xornalística, manexo de internet e as utilidades do Blog,  para a creación da ciber revista que sacou o seu primeiro número o 21 de juño de 2006.  Esta actividade énmarcase no amplísimo programa do Centro Social de Coia-Vigo, e serve de ventá de información sobre tódalas súas actividades. A directora do Centro, Carmen Cochón Blanco, “é unha loitadora nata”, segundo os que a tratan, que puxo ao día o centro en actividades, cursos e novas tecnoloxías, a pesares de que os comezos foron duros xa que entón existía un grave problema de tráfico de drogas na zona e os xefes destes clans mafiosos “chegaron incluso a ameazala de morte”. Unha nota triste que só quedará para o recordo.

Repor2

Pasou de web a blog e sae cada luns

Alexandra, pásao “fenomenal traballando co Consello de Redacción da revista-blog” ao que previamente formou, dende hai 4 anos, nas rutinas de producción xornalística. Ademáis, imparte un curso de Debates no mesmo Centro dende hai 6 anos.

Os integrantes do equipo redactor e técnico son:

Germán Silva Rubín, (62 anos, de Coia, comercial xubilado) comezou a aprender informática aos 55 anos e xa impartiu cursos desta materia como voluntario. Picáballe o gusanillo de coñecer as rutinas xornalísticas e por iso se enrolou na revista cando se creou.”Danos informática Angel Burrué co que aprendimos e do que partiu a iniciativa. Primeiro fixemos unha páxina web, pero á xente atragantábaselle un pouco e nos decidimos polo formato de blog”. “Eu precisei uns dous anos de formación previa e agora utilizo internet para todo, sobre todo para a revista. Busco algo sempre que o preciso e realizo tódalas transaccións bancaria online. De cando en vez emprego o FaceBook, ou chateo algo pero isto non me chama moito a atención. O que máis uso é o correo electrónico para escribirme cos amigos”.

Él é o responsable da parte técnica da revista, revisa o blog e publica os artigos e novas da xente do centro social. Cada domingo revísao todo para que o luns saia á luz “en condicións”. Dí que emprega unha media diaria de 2 horas co seu ordenador en internet.

Repor3

Novas tecnoloxías no tempo de ocio

Lembra que cando empezou coa informática no seu traballo “dábame un pouco de medo” algo que xa superou e agora encántalle: “teño o gusanillo”.

O máis veterano do equipo de redacción senior é Emiliano Álvarez Alegre (ex traballador de Citroën de 74 anos). Xa andivera algo cos ordenadores no seu traballo, pero ao xubilarse viu ao Centro Social para facer un curso e xa suma 6 anos de clases de informática. “Foi para pasar os ratos de ocio aprendendo novas tecnoloxías, e resultou ser unha experiencia moi positiva porque tamén facemos amigos no grupo.

“Nunca pensei que pondera chegar a manexar internet así, antes escribía algo máis na revista pero agora estamos a impartir cursos de informática como voluntarios para nenos discapacitados. Dedícolle un par de horas diarias a buscar información en internet e usar o correo electrónico, as redes sociais e o chat non me van”, asegura.

“Estou encantadísimo coa experiencia e na miña casa tamén porque lle ensinei a usar internet á miña muller”, conclúe.

Ciber poesía

O poeta da revista é Miguel Correa Nogueira, de 67 anos e ex director comercial xubilado, ao que lle gusta bastante falar longo e tendido. “Escríbo poesía e tamén fago recomendacións e filosofía para o desenvolvemento e crecemento persoal. Xa publiquei eu mesmo un primeiro libro cos meus poemas de filosofía en verso. Aquí levo dende hai 3 anos colaborando na revista, pero tamén teño o meu propio blog sobre filosofía en verso”, explica. Antes de ir polo Centro Social xa tiña experiencia previa coa informática pero apuntouse a algúns cursos da materia e seguiu publicando o seus poemas na rede.

Recomenda a toda a xente da súa edade iniciarse na informática “porque un está a morrer e está a aprender”. Engade que “as ferramentas informáticas son moi boas”, e emprega unhas 2 horas diarias en internet.

Repor4A máis nova do grupo de redacción é Silvia Tejera, unha farmacéutica de 45 anos e xubilada por invalidez, ela, quen non poido estar presente durante a entrevista colectiva, é a encargada de publicar tódolos temas de saúde. Outra das féminas do grupo é Herminia Pérez Nóvoa, unha mestra xubilada, que lembra que na súa época sí se cumplía o dito de “pasar máis fame que un mestre de escola”, e tamén que era obligatorio “acudir a clase con enaguas” para evitar transparencias cos vestidos ou faldas. Ela ocúpase do sumario de cada número da revista e tamén o fai en formato papel.

Non tiña nin idea e agora envía power points do seu neto

Cando chegou ao centro social “non tiña nin idea de informática” así que empezou hai 6 anos coas clases de informática e logo coa revista. “Non chateo nin uso as redes sociais porque non me dan seguridade”, recoñece, ainda que está no FaceBook para enviar mensaxes aos seus coñecidos. Gústalle “enterarse de moitas cousas e con moi pouco esforzo” a traveso de internet. Emprega a rede entorno á hora e media ou dúas horas diarias. É das que lle adica a facer power points coas fotos do seu neto ou coas dun grupo de amigos, deses que logo se reenvían en grandes cadeas online.

Cinco “becarios”

Entre os recén incorporados á revista www.cscoia.com están Antonio Silva, un ex comercial de 52 anos; Jerónimo Santomé Rodríguez, ex comercial xubilado (algo reacio a confesar a súa idade, por pura coquetería); Matuca Mateos (ex funcionaria de Educación e do Ministerio de Asuntos Exteriores, de 61 anos), con amplia experiencia en traballos en países máis ben tropicais e exóticos, toda unha caixa de sorpresas e de historias sobre a súa experiencia vital. Veciña e usuaria do Centro no que fixo varios cursos. Ainda que “ao principio non tiña moita confianza sobre o que podía aportar”, agora escribe reportaxes e artigos de opinión sobre temas de actualidade. En particular “sobre a situación actual do sector do funcionariado”, sinala. “Non imos a facer grandes cousas”, asegura, ainda que dentro de pouco viaxarán a Escocia, e máis tarde “aos Países Baixos, por iso estou a preparar un artigo sobre os dereitos dos viaxeiros e as ofertas das axencias de viaxes”, engade. “Internet e as redes sociais sírvenme para adquirir coñecementos e acceder á información”, puntualiza.

Por outra banda, a súa compañeiras Raquel Veloso, escribe sobre cociña e hábitos saludábles de alimentación ; Ángeles Viéites encárgase dos temas de historia e literatura vinculados á actualidade informativa; Mariano, Tucho e Germán levan a parte técnica da actualización e mantemento do blog e Carlos Cordero é o redactor xefe que canaliza tódala información relativa ao Centro Social vigués.

Agar10Jerónimo Santomé, explica que se apunta a “un bombardeo” e como o invitaron a participar; estaba no grupo de debate que dirixe Alexandra e ela díxolle que precisaban redactores, pois alá foi. Agora escribe, sobre todo, deportes. Agora co mundial de fútbol tamén trata cuestións históricas de Sudáfrica como a biografía de Nelson Mandela. “Non o fago moi ben ainda que ás veces traballo moito”, afirma. Arredor de dúas horas é o que lle adica ao día a porse diante do seu ordenador. “Emprego o correo electrónico e o Face Book, que me serviu para saber que o meu fillo ten unha noiva xornalista en Zaragoza”, bromea.

Cesión de locais e máis de 48 actividades

A directora do Centro Social Coia-Vigo (Rúa Cangas, 1B), Carmen Cochón Blanco explica que contan con 5000 personas usuarias que empregan as súas instalacións e acuden a cursos e actividades de luns a sábado de 9 a 21 horas. “Non todas son de Coia, veñen doutras partes de Vigo e dos arredores”, engade. Malia a crise, que reduciu nun 5% o presuposto para o Centro facilitado pola Xunta, seguen a manter cáseque a mesma actividade que anos atrás: “Tratamos de que se manteñan todas as actividades e tódolos cursos están subvencionados”, explica, o seu custe ronda os 15 euros ou menos. Agora mesmo teñen en marcha 48 actividades e incluso cursos gratuitos (como o de petanca) Este ano realizaron xa 12 excursións e no verán marchan a Escocia. Tamén ceden locais para encontros veciñais, charlas, conferencias… No que vai de ano cedéronse 3 veces.

Asimismo, apoian a Marcha Contra a Violencia de Xénero e Médicos sin Fronteras impartiu unha conferencia sobre a catástrofe e as necesidades de Haití, que serviu para recaudar fondos, tamén coa organización dun mercadillo solidario. Outra das súas iniciativas punteiras son 4 cursos sobre Prevención de Dependencia.

Agar20Un total de 13 grupos de amigos (de música, de sendeirismo ou de petanca) “que se autoxestionan” fan tamén uso semanal das instalacións veciñais “durante todo o ano e cun custe cero, coordinados por un voluntario”, conclúe Blanco. Para ampliar datos: www.cscoia.com.”


A Asociación Galega de Reporteiros Solidarios (AGARESO) é unha organización sen ánimo de lucro http://agareso.org/, (pinchando este enlace se puede ver su página web y la presente entrevista) formada por un colectivo de profesionais do mundo da comunicación en Galicia que están comprometidos coa producción, realización e difusión de proxectos de cooperación e solidariedade, con especial dedicación o desarrollo de accions sociais que estén promovidas dende a Comunidade Autónoma galega, tratando de xerar unha muda cara a unha sociedade máis inclusiva e xusta.
Creada no mes de maio de 2008 coa apertura da primeira corresponsalía, en Pontevedra, AGARESO é unha asociación totalmente apolítica e laica, como único vínculo entre seus integrantes o traballo a prol da solidariedade e cooperación cos colectivos máis desfavorecidos, tentando promover, concienciar e sensibilizar a sociedade dunha realidade próxima e frecuenemente silenciada nos grandes medios de comunicación. Para elo, AGARESO non pretende xerar accions aisladas, senon dar continuidade a todos e cada un dos seus proxectos  (Extraído da sua páxina web).

Redacción

Fotos: Paco y Agaresco

Un comentario en “"Reporteiros Galegos Solidarios falan da nosa Revista"

  • el 15/07/2010 a las 9:33 am
    Permalink

    Mi más cordial enhorabuena a todos los que hicieron posible la revista. Felices vacaciones. Ceneme

Los comentarios están cerrados.

A %d blogueros les gusta esto: