Rematados os aplausos a vida volveu a ser como antes
A Sanidade sigue mal; peor do que estaba antes do Covid-19. O persoal sanitario non deixa de denunciar publicamente os desatinos da Organización e o incumprimento das medidas necesarias para que o sistema funcione como o fixo noutrora.
As queixas e suxestións que fan acotío na prensa, e -supoño- que oficialmente, non teñen resposta. Imponse o Silencio Oficial. Como exemplo o que sae na prensa o domingo día 9.
[Médicos denuncian que uno de cada cuatro encadenan contratos en el Sergas. Reclaman a la Xunta que conviertan estos contratos en interinos antes de fin de año].
A reforma tomada, -supoño- pola excesiva carga dos médicos de familia: chamar ao Centro de Saúde para unha consulta e recibir a contestación que te chamaría o médico o día (x) a unha hora concreta, que non sempre se cumpría.
Este procedemento parece que vai ser o futuro da medicina de familia.
Recentemente lin un artigo dun médico (coido que foi o doutor Ángel Vázquez) que falaba do perigo da falta de presenza do doente co seu médico. Ese distanciamento deshumaniza máis a sociedade.
Enfermeiras
A xornalista Mar Mato faille unha entrevista a Carmen García Rivas, secretaria xeral de SATSE Galicia (Faro de vigo luns 3 agosto)
Carmen vai respondendo aos inquéritos que le fai a xornalista dende o comezo da pandemia até o momento actual.
[“No tenemos la mejor Sanidad del mundo pero quizás si el mejor personal sanitario”
-“Cambiar los protocolos de seguridad porque no hay material es un cachondeo”.
-La pandemia puso al descubierto cantidad de carencias. No solo hay que mejorar plantillas sino también organización, funcionalidad de servicios, mejorar la coordinación y respetar la ley de protección de riesgos laborables.
-(…) nos faltaban camas de UCI, pero también plantilla de UCI. La cama es un mueble y requiere un número de profesionales para atender a los pacientes que están en ellas.
A extensa entrevista a Carmen é un “laio” como se comprobou durante e despois dos momentos álxidos da hospitalización: eran frecuentes as queixas que facían pola falta de medios e persoal.
As respostas da Administración
Todo nos fai ver que na xunta non se enteran, non hai respostas para resolver a problemática da saúde. Será que aínda non remataron de darlle máis pulo a privada? Será. As ferramentas téñenas á man: aumentar as listas de espera; reducir a presenza nos Ambulatorios seguindo o ensaio da [chamada telefónica para que o médico te chame} e vaian vostedes a saber o que preparan para introducirnos na privada. (“Tempo ó tempo” que van de presa). E ademais agora séntense máis fortes.
E a Sociedade volve o de sempre.
Pasando o que pasou , desorganización, falta de medios, persoal traballando ata o esgotamento, persoal infectado e algún mortos non por seren héroes, non. Asumiron a súa responsabilidade incluso sabendo ao que se expoñían pola falta de recursos.
Arestora o que se ve e se escoita é que a cidadanía non se sinte responsable. Como é habitual neste país (…o pasado, pasado está, mellor esquecelo que esas son cousas dos políticos. Distraerse e deixar nas mans de outros é a “solución”)
Teremos a ousadía de volver aos aplausos si chegan a pecharnos de novo?
-Non foron tamén os aplausos unha maneira de saír de nós mesmos? Coñecemos aos veciños de enfronte, falamos cos dos lados, cantamos e rompemos as cadeas da imposición que nos poñían e do medo que nos estarrecía.
Telmo Comesaña agosto 2020