Refráns galegos
Co gaio da celebración do Día das Letras Galegas, vou a recordarvos algúns refráns da nosa terra, que encerran a sabeduría do noso povo .
• Gasta en pan e viño o que lle has de deixar aos sobriños.
• O casado casa quer e o solteiro quer muller.
• A alforxa do probe con todo pode.
• A concencia vai coa conveniencia.
• Cando busques noiva, mira pa cara dela, o corpo da nai, e a carteira do pai.
• De neno rei, de mozo capitán , de casado burro, e de vello can.
• Diñeiro, diñeiro, que no mundo enteiro fuches sempre o primeiro.
• En maio a vella queima o tallo.
• Entre parentes non metas os dentes.
• Faga sol, faga vento, cada cousa a seu tempo.
• Cando marzo maiea , maio marcea.
• A concencia é verde e comeuna un burro.
• Non sirvas a quen serviu , nin pidas a que pediu .
• Hasta morrer, aprender.
• Non ai troitas cas bragas enxoitas.
Bo día das nosas letras.
Paxina moi boa