Reflexións sobre o Taller de Filosofía

Egipto_01EXIPTO.
Exipto sábeme a morte. E non podía ser doutro modo pois…

Que outra cousa aprendín del…?

Que outra me ensinaron que non fose relacionado con tumbas e momias…?

Que outra cousa quixeron que recordase que non fosen loitas e deserto…?
Exipto sábeme a morte. Pero,  xa non é a morte que antes coñecía; é a morte que precede ao renacer. Así como, sen decatarnos, morre en nós o bebé e nace o infante, así como morre a xuventude e nace a responsabilidade, así debe morrer a ignorancia e nacer o saber: a luz.
Exipto sábeme a morte. Á morte do que percibe a luz e desexa que se morran para sempre as tebras que non lle permiten gozar da claridade que todo o ilumina cunha nova cor. É a morte de acólito que na súa carreira iniciática busca a morte dos seus desexos e apegos. Por que é, este país, o país dos iniciados. O país de Hermes Trimegistro, o tres veces nacido. O país do Templo.

Exipto sábeme a morte. Á morte do coñecemento que chegou a adquirir. Un saber “Hermético” que só era trasmitido aos que superaban as probas dos iniciados. Pois o “saber é poder”. “O saber faravos libres”. O saber libera. É o premio que agarda na meta á carreira do iniciado. Saber é poder. Como se puideron levantar os enormes bloques de pedra das pirámides? Como alcanzaron esa escritura?
Exipto sábeme a morte e a súa morte entristéceme. Os buscadores do poder sen capacidade de aprender destruíron o saber pois sabían que non podía ser nunca para eles. O poder quedou en mans dos ignorantes que fixeron vivir aos demais a súa ignorancia. “O poder polo poder e afastado de todo saber”.
E esta reflexión, que de verdade vos digo que é de vida e esperanza, alcanzoume tras asistir ao Taller de Filosofía no Centrosociocomunitario de Coia-Vigo.

Taller Filosofia

Roxelio

Foto: http://elorigendelhem.blogspot.com/el-antiguo-egipto.html

2 comentarios en “Reflexións sobre o Taller de Filosofía

  • el 02/03/2013 a las 9:25 am
    Permalink

    Estimado Roxelio, tuas reflexions chéganme, pero creo co saber quedou no poder, no poder dos monxes que eran os que conducían o pensamento do povo. Manipular as mentes e asustalas é unha forma de sometelas, por iso as relixions son tan importantes para o estado. Saudos, Correa

  • el 02/03/2013 a las 10:47 am
    Permalink

    Estimado Miguel. Se miramos o noso aredor, tes razón no que dis. Pero tamén confirma a miña reflexión pois non é un saber entendido como sabedoría, se non que é un saber de utilidade. Neste caso a utilidade é a dominación. É un saber sen sabedoria que non so non libera ós demais se non que converte a quen o exerce en escravo do mesmo poder. O apego a poder e o peor de todos os apegos.
    Fas referencia as relixións maís iso non é filosofía. A relixión é un acto de fe, a filosofía e unha pregunta interna, primeiro, e externa a posteriori. “Dubido, logo penso. Penso, logo existo”. É mágoa, pero ata a cidadamia chegou a politica como auto de fe. Elo é debido a que a nosa ensinanza ten moito de relixión e pouco de filosofía: Que outra cousa me ensinaron? Que outra cousa aprendín?
    Unha aperta. Roxelio.

Los comentarios están cerrados.

A %d blogueros les gusta esto: