Convocatoria de estadías de tempo libre para mulleres soas con fillos menores.

Programa de estadías de tempo libre para mulleres soas con responsabilidades familiares non compartidas.

  • Convócanse ata un máximo de 95 prazas para mulleres con fillas e/ou fillos ao seu cargo, residentes na Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Duración. As estadías terán unha duración de entre sete e dez días, en réxime de pensión completa, preferentemente entre finais do mes de xuño e principios do mes de xullo.
  • Condicións económicas. Os gastos de aloxamento, manutención, monitoras e transporte desde o seu concello de orixe serán gratuítos para as persoas beneficiarias, e serán por conta da Secretaría Xeral da Igualdade.

As persoas interesadas poderan informarse da convocatoria de estadías de tempo libre para mulleres soas con fillos menores, en a Dirección do Centrosociocomunitario de Coia-Vigo e na Secretaría Xeral da Igualdade, no edificio da Xunta.
A súa finalidade é facilitarlles ás mulleres que teñan fillas ou fillos con idades comprendidas entre 2 e 12 anos, exclusivamente ao seu cargo, un espazo e un tempo desligado da súa situación habitual e no cal poidan intercambiar experiencias a través da convivencia nun espazo de lecer.
O prazo para a presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia de fecha 16/04/12.

Redacción

A %d blogueros les gusta esto: