Recuerdos de un paraíso perdido: aquel Samil de mi juventud

gran-porvenirA desfeita comenzou coas comunicacións: primero foi a estrada, entre o matadoiro (actual Museo do Mar), e a Robaleira, (xusto detrás de onde está o hotel); alí chegóu no ano 1946. A mediados dos anos 40 fixeron a prantación dos piñeiros, prohibindo o pastoreo e o aproveitamento das dunas.

A compañia de tranvias montóu un galpón.

Antes da chegada do tranvía, sendo director D,Gerardo Campos Ramos, a compañía de tranvías montóu un galpón de madeira na duna, (onde está o estacionamento , ao carón da zona deportiva).

chiringuito en Samil
chiringuito en Samil

No ano 1948 chegóu o tranvía: dende o apeadeiro de Moiños enxertaron as vías: vía única, con un tramo de doble vía a metade do percorrido, pola estrada que chegaba a zona da Foz, (sur da praia); para elo tiveron que ampliar e reforzar a ponte dos Moiños sobre o Lagares. Xa en Samil a vía facía un bucle e daba a volta, e a parada situábase fronde de onde hoxe se situa o camping . Alí montaron un negocio de restauración e lecer, “O Balneario”, no que había unha pista de baile.

Desembocadura del rio Lagares
Desembocadura del rio Lagares

Aló polo ano 1944, meu tío Pepe, que era tranviario levoume alí, porque tiñan unha festa para os familiares dos empregados, e lembro cómo era o espazo, e a merenda, un chusco de pan cunha pastilla de chiculate.

A partir da chegada do tranvía comenzóu a verse moita xente na zona da Foz, mentres que nas zonas de Argazada e do Laxón chegaba moi poca, porque non había coches, e camiñar desde Bouzas facíase lonxe.

No Ano 1952 uniron dende a Garita, (pista de automodelos) á zona de Tranvía. Rechearon o humidal do Poulo do Pozo, canalizaron as augas e foron recheando a lagoa coa area da duna.

samil-ac3b1os-60 Anos 60: desmontaron as dunas máis grandes.

A mediados dos anos 50, comenzaron as obras da ponta da Foz do río Lagares, enlazando por estrada as parroquias de Navia e Coruxo.

A primeiros dos anos 60, desmontaron as dunas máis grandes, e construiron o hotel e un camping no espazo de Poulo do Pozo, que se desmontóu nos anos 80,(onde hoxe está o estacionamento do Verbum)

Nesa mesma década, se fixo o paseo e os estacionamentos ao carón da Praia, arrasando o resto das dunas que quedaban, Coa industralización na conca do río Lagares, os verquidos das industrias e da poboación, augas contaminadas e fechas, ían aos regos de auga infectando e matando a vida piscícola , enchendo Samil de excrementos e residuos industriais, desde a Foz ao Laxón, e, en ocasións pechada ó baño.

Este “progreso” fixo desaparecer, fauna , flora, e a desnaturalización desde conxunto dunar, que rematóu asoballado pola invasión de milleiros de persoas e vehículos a motor, que acabaron coa tranquilidade e a paz deste paraíso, para sempre perdido….

Telmo Comesaña

Fotos: Faro de Vigo, vigopedia.com, Telmo

Un comentario en “Recuerdos de un paraíso perdido: aquel Samil de mi juventud

  • el 02/06/2016 a las 11:27 am
    Permalink

    Perfecto. Resucitó nuestro balneario de juventud. Íbamos los chavales a bailar. Se empezó a llamar el bar “Fumanchú” que estaba al lado del balneario. Gracias Telmo. Te queremos

Los comentarios están cerrados.

A %d blogueros les gusta esto: