¿Quién fue “Barriga Verde”?

BARRIGA VERDE

Durante uns cincuenta años do século pasado, moitas festas e romarías contaron coa presenza dunha atracción entrañable: os títeres de Barriga Verde. Este era o nome do protagonista do espectáculo, o boneco principal, que atacaba os poderosos como o Portugués, indiano regresado, Manuel, rico fachendoso, o Cura, representante do poder eclesiástico, ou o Demo, símbolo da maldade. A todos vencía a mocazo limpo, converténdose, a así, nun heroe famoso. Barriga Verde, simple, bulón e atrevido ata onde podía, engaiolaba o público coa agudeza dos diálogos -que pedían máis pan e menos inxustizas- coa metalinguaxe xestual do movemento e resolvendo os conflitos de xeito expeditivo.

¿Quen foi o artífice deste popular espectáculo? 

Este espectáculo ambulante compartía a tarefa de divertir a xente con outras barracas como casetas de tiro, montañas rusas, cadeas, lanchas voadoras, tómbolas ou espellos máxicos. Pero, sen dúbida, o máis imaxinativo, fresco e concorrido de todos eles era o de Barriga Verde. Ningún coma el foi capaz de arrincar a admiración xeral do público que o aplaudía afervoadamente.

Pero, ¿quen foi o artífice deste popular espectáculo? Un estremeño nacido arredor de 1890, fillo de pai francés e nai española, chamado José Silvent Martínez.

Sendo adolescente, abandonou a  tutela familiar e, desde Badajoz, marchou a Portugal. Despois de andar por diversas localidades do Alentexo e do Centro portugués, chegou ao Porto onde aprendeu as técnicas dos monicreques en contacto con fantocheiros, bonecreiros tradicionais portugueses, e robertos. Nesta cidade, pois, comeza a artellar o seu propio espectáculo de bonecos, cun novo protagonista, ao que, como acabamos de ver, chamou Barriga Verde, que verá a luz cando chega a Galicia, arredor de 1910.

OTRO DE LOS BONECOS-recortad

José, humilde, traballador e cortés, traía consigo a ilusión propia dun mozo duns vinte anos e a arte do teatro de bonecos, a arte dos tíiteres, á que se ía dedicar, na nosa terra, ó longo da súa vida como un bonequeiro galego popular de recoñecida sona, pois con mestría indiscutible, manexaba un fato de monicreques que, coas súas accións, lograban un espectáculo que provocaba grandes risadas no público. O seu talento na manipulación dos bonecos e no uso da palleta, así como  a súa valentía ó ofrecer un espectáculo atrevido en épocas de represión, foron factores básicos do éxito do seu espectáculo. Se a isto unimos que os bonecos falaban en galego -daquela desprezado e perseguido- podemos afirmar que os títeres de Barriga Verde teñen unha relevancia que transcende máis alá da popularidade acadada.

Ao principio, Silvent ofrecía os monicreques ao aire libre. Situado detrás dunha saba pendurada dunha corda, sacaba os bonecos pola parte superior e dáballes vida por medio de hábiles movementos ao tempo que os facía falar. Ó finalizar a sesión, pasaba a bandexa. Pero non tardou en se dotar de barracas, primeiro de lona, despois de madeira (Teatro Melodías de España), que chegou a modernizar con luz eléctrica e altofalantes. Nelas, aos monicreques engadiulles certos números de varietés, pero o éxito do espectáculo, que se sostiña co favor do público, radicaba esencialmente nas trasnadas de Barriga Verde.

O títere propio de Galicia

A popularidade e simpatía deste heroe significou que o espectáculo, a barraca e o propio José Silvent, pasasen a ser coñecidos por Barriga Verde. Pola mesma razón, no período que abrangue aproximadamente o segundo terzo do século pasado, calquera espectáculo de monifates, ofrecido na nosa terra, en barracas ou non, era coñecido popularmente co nome de barrigaverde. Con idéntico apelativo dábanse a coñecer os bonecos principais de cada un deles, aínda que nalgúns casos había diferenzas, ás veces notorias, respecto do espectáculo de José Silvent quen, para deixar constancia, rotulou a súa barraca coa frase El auténtico Barriga Verde.

Barraca (Teatro Melodías de España) Barriga Verde no nomemento da súa montaxe. Aínda lle falta o tímpano (1)

Ademais, a este artífice cábelle a honra de facer do heroe Barriga Verde o títere propio de Galicia e inserilo na familia de monifates populares de tradición europea que arrincan da commedia dell’arte italiana, e colocalo ao lado de Polichinelle (Francia), Punch (Inglaterra), Petruska (Rusia) Don Cristóbal (Castela) ou Dom Roberto (Portugal), bonecos cos que garda relación de parentesco.

Barriga Verde-títere e Barriga Verde-titiriteiro camiñaron xuntos polas feiras e festas de gran parte de Galicia. Acudían ás de gran concorrencia, como o Apóstolo en Santiago, San Foilán de Lugo ou a Peregrina de Pontevedra, e a outras menores, tales como San Amedio en Beluso ou Santa Minia en Brión.

UN MONICROQUE recortado

Nas festas de Santa Rita   e ás da Consolación de Coia,

En Vigo e arredores, comezaba a campaña nas festas de Santa Rita instalándose preto da desaparecida capela. Ó mes seguinte podíase ver nas patronais de Santo Paio de Navia ou nas de San Xoán do Monte. Poucas veces faltaba ás da Consolación de Coia, desde onde, en certas ocasións, se ten encamiñado cara ás do Carme no Berbés. Tamén ten ofrecido o seu espectáculo en Lavadores, tanto nas festas de Santa Cristina como nas do Rosario. Estaba con frecuencia en Bouzas nas festas do Cristo do Aflixidos e en Alcabre nas do Cristo da Vitoria. Algunha vez ten actuado nas de San Salvador de Teis, e nas de San Roque, onde se instalaba nun terreo que el mesmo acondicionara. Aínda que non o puidemos comprobar, é moi probable que Barriga Verde actuase noutras localidades viguesas e estou persuadido de que moita xente maior aínda se lembra deste sinxelo pero divertido espectáculo.

FIESTAS DEL BERBÉS

A relación de José Silvent con Vigo tivo repercusións de maior alcance. Unha filla, Celia, despois de casar cun veciño do Porriño, viviu en Vigo ata que finou; outra, Saladina, aínda vive en Teis rodeada dos netos. Alfonso, o fillo máis novo, naceu debaixo do escenario, estando nas festas de San Roque, e casou en Coia coa boucense afincada en Vigo, Julia Castro Álvarez, quen, por este amor, deixou os estudos de maxisterio.

Coa súa morte  remata a etapa máis interesante dos monicreques populares galegos.

Ó pouco de chegar a Galicia (1910), José Silvent Martínez coñeceu a Emerenciana Fernández, que andaba polas festas cunha atracción de lanchas voadoras. Namóranse, viven en parella dez anos, período no que tiveron catro fillos, e logo casan. Desde un principio fixaron o seu domicilio en Lérez, localidade próxima a Pontevedra onde ela nacera. Aquí van vivir ata finaren en1970 e 1976 respectivamente. Na relación cos veciños e no deambular pola xeografía galega, José captou ese aquel que din que temos os galegos e identificouse plenamente con el, de tal xeito que, malia a súa orixe, podemos asegurar que viviu como un auténtico galego, aínda que el prefería definirse como un galego máis. Coa desaparición da barraca de Barriga Verde das festas e romarías en 1964, remata a etapa máis interesante dos monicreques populares galegos.

XAIME IGLESIAS-PROFE LITERATURA--recortadoTexto y fotos : Xaime  Iglesias.

Profesor de Lingua galega e Literatura.

3 comentarios en “¿Quién fue “Barriga Verde”?

  • el 12/02/2014 a las 4:43 pm
    Permalink

    Hola,soy nieta de Barriga verde en mi empeño de seguir poniendo mi granito para que conozcan al titiritero,una aula de teatro que hace el ayuntamiento de Pontevedra atraves del Grupo Migallas,a la que van niños de 8 a12 años,todos los años se centran en pintor,poeta etc,para realizar una obra al final del curso representándola en Teatro Principal,Este año una de las aulas girara a Barriga verde.

  • el 12/02/2014 a las 8:13 pm
    Permalink

    Hola. Gracias por contactar con nosotros. Si vienes por Vigo nos encantará saludarte. Quedé fascinada con la historia que nos contó, tan bien, mi amigo Xaime.
    Tu abuelo es un personaje fascinante. Saludos. Alex

    • el 13/02/2014 a las 4:52 pm
      Permalink

      En vigo vive Saladina ,su hija también tiene muchos recuerdos en su memoria,un día que vaya os aviso

Los comentarios están cerrados.

A %d blogueros les gusta esto: