Que é e para que se utiliza Twitter?

Twitter naceu fai tan só 5 anos grazas a unha investigación en Estados Unidos. Desde entón non deixou de crecer chegando a xerar uns 50 millóns de mensaxes ou tweets ao día no momento actual.
Que é e para que se utiliza Twitter?

Twitter é un dos medios de comunicación dixital máis utilizados e populares hoxe en día. Serve para:
*Informar
*Informarse
*Xerar diálogo
*Crear comunidade ou grupo
*Apoiar unha causa ou motivo (a través do retweet -RT-, que consiste en volver publicar unha mensaxe que xa publicou outro usuario antes).
Como utilizar esta ferramenta?
O uso que se lle dea variará en función do tipo de perfil: persoal ou corporativo. De calquera forma é importante ter en conta o seguinte:
*Non hai que contar ou informar sobre todo o que facemos a título individual nin como organización.
Non é bo saturar aos nosos “seguidores”.
*É recomendable incluír enlaces html a outras web e non unicamente texto plano.
*É interesante crear hashtags para clasificar temas. Isto faise incluíndo o símbolo # diante da palabra crave que serve para categorizar un tema.

Que tipo de mensaxes publícanse?
Pódese publicar de todo pero o máis habitual é:
*Titulares de prensa
*Noticias de interese
*Anuncios, ofertas e novidades
*Eventos próximos, axenda
*Denuncia de causas, solicitude de axuda para as mesmas
Todo isto non ten por que ser público, twitter permite tamén a privacidade.

Informa – BIX- Boletin de  Información Xuvenil.

A %d blogueros les gusta esto: