Programación del museo Marco: música,exposiciones y mucha imaginación

IMAXINA SONS 2009. 5º Festival de Jazz de Vigo
Organiza: Concellería de Cultura do Concello de Vigo
Patrocina: Caixanova
Colabora: Consellería de Cultura e Turismo, Xunta de Galicia

marcoComo cada ano dende o inicio do Imaxina Sons, o MARCO acolle o ciclo de mesas redondas e concertos solistas deste Festival, unha iniciativa do Concello de Vigo que naceu co obxectivo de dar cabida dentro da escena musical galega ao jazz realizado en Europa, e que unha vez máis presenta as súas propostas (concertos, música na rúa, conferencias, mesas redondas, master-class) en diferentes espazos da cidade.

Mesas redondas e ciclo de solistas
•    29 de xuño
Lucía Recio & Fred Frith
•    30 de xuño
Agustí Fernández
•    1 de xullo
Marc Ducret
Salón de actos
Horario: ás 20.00 (mesas redondas) e ás 21.30 (concertos solistas)
Entrada: gratuíta (mesas redondas) e 2€ (concertos)

VIA STELLAE 2009. IV Festival de Música de Compostela e os seus Camiños
Promove e organiza: S. A. de Xestión do Plan Xacobeo, Xunta de Galicia

Por primeira vez na historia deste Festival, o VIA STELLAE recala en Vigo para ofrecer no MARCO dous dos concertos incluídos no ciclo VIA STELLAE 20/21, no que a música contemporánea, os clásicos do século XX, as vangardas e os creadores galegos actuais son os protagonistas.

marcosSe ben o centro do festival é Santiago de Compostela, o Via Stellae estende as súas actividades polos pobos e cidades galegas situadas nas oito rutas de peregrinación que conducen a Compostela. Os Camiños de Santiago, vía centenaria de diálogo e intercambio cultural, constitúen unha vez máis un ámbito privilexiado que, en máis de cen concertos, servirá como punto de encontro para músicos e artistas de primeiro nivel internacional.

VIA STELLAE 20/21
Música contemporánea, clásicos do século XX, compositores galegos
7 de xullo y 9 de xullo,
Salón de actos, ás 20.30
Entrada gratuíta

Día Internacional do Museo 2009 ‘Museos e turismo’
sábado 16 e domingo 17 maio
.
Actividades para públicos de todas as idades

Como cada ano dende 1977, o ICOM (Consello Internacional de Museos) invita aos museos de todo o mundo a celebrar o 18 de maio o Día Internacional do Museo, creado para promover o interese xeral pola xestión e as actividades dos museos e centros de arte.
Para esta ocasión especial, cóntase tamén coa colaboración da ONG ‘Educación sen fronteiras’, que preparou unha actividade baixo o título ”Educando na arte de viaxar”, centrada na recreación de elementos artísticos de países nos que esta ONG desenvolve o seu labor, como Nicaragua, Guatemala, O Salvador, República Dominicana, Perú e Bolivia.

Información remitida por el Museo Marco de Vigo.

A.Garrido

A %d blogueros les gusta esto: