Programa Xunta de Galicia “Benestar en Balnearios”

Á Redacción da Revista chegounos a seguinte nota remitida a Dirección do Centrosociocomunitario de Coia entre outros, por:

Carmen Garcia Cancela
Traballadora social
Servizo de Programas de Promoción da Autonomia Persoal
981 547437

“A Secretaria Xeral de Politica Social acorda:
1. A apertura dun prazo extraordinario de 5 dias hábiles para a presentación de solicitudes. O prazo comprenderá desde o 20 ata o 27 de xullo (ambos incluidos)

2. A eliminación do tope máximo de ingresos como requisito para poder acceder ao programa. As solicitudes xa presentadas no prazo ordinario e que foron denegadas por non cumprir este requisito teranse en conta sen necesidade de que os solicitantes as formulen de novo

3. A modificación das datas que se ofertan nos balnearios de Acuña e Laias:
– Balneario de Acuña: do 1 ao 10 de outubro
-Balneario de Laias Caldaria: do dia 11 ao 20 de setembro.

E importante que fagades a máxima difusión. Tede en conta que as persoas que xa solicitaron e lles foi denegado polo requisito de ingresos económicos non teñen que facer unha nova solicitude, xa rescatan a presentada no prazo ordinario.”

Redacción

A %d blogueros les gusta esto: