Programa coñece outras culturas
O programa “Coñece outras culturas” vén realizándose neste centro dende hai máis de 10 anos, goza de grande aceptación entre os usuarios que a principio de ano esperan impacientes os destinos elixidos para valorar se son do seu interese.
Obxectivos: Coñecer a cultura, historia, arte e tradicións do pais a visitar, ao mesmo tempo que fomentar as relacións interpesonais dentro dun marco de respecto e solidariedade.
Pois este ano as propostas son as seguintes: antes do verán Escocia e en setembro os Paises Baixos e Belxica.
Vai dirixido a todos os usuarios pero especialmente pensado para aqueles que non se atreven a viaxar sós, ou que non teñen con quen viaxar xa que nestas viaxes está todo o tempo programado e todo incluído. Son uns días de intensa convivencia que en moitas ocasións serven para iniciar boas amizades ou intensificar as xa existentes.
Nos próximos días poñerase no taboleiro de anuncios ( e nesta revista) o itinerario e demais información da viaxe.
As persoas interesadas poden comunicalo para realizar unha pre-inscrición.
O whisky, gaitas, kilt ou faldra escocesa, o Lago Ness e máis…
Cando apareceron as primeiras gaitas das Terras Altas en Escocia? Como ha de levarse de xeito correcto a faldra escocesa? Que se esconde baixo as augas do Lago Ness? Descobriremos as cousas que fan de Escocia o que é!
Sabías que…?
…que Tintín, Lucky Luke ou os Pitufos son creacións de artistas belgas?
…que Bélxica foi o primeiro país da Europa continental en construír unha vía férrea?
…que de cada 10 diamantes que hai no mundo, 7 teñen pasado por Amberes?
…que Flandes é o maior produtor de azaleas do mundo?
…que Marx e Engels sentaron as bases do Manifesto comunista na Grand Place de Bruxelas? …que Víctor Hugo viviu nela?
Redacción
Hay muchas cosas que no sabemos, y la vida es demasiado corta para saberlo todo, por lo tanto, gracias por distribuir el conocimiento de forma gratuita para que todas las mentes se abran al saber. Felicidades, Ceneme
Una vez más estoy de acuerdo con Miguel en su comentario.Me parece muy apetecibles los dos viajes.
Felicidades por los comentarios sobre Escocia. Es una manera divertida y sencilla de conocer la historia.
Por cierto, en Flandes también estuvimos los españoles y sus paños eranlos más cotizados de la época. Ya sabeis aquello de “Poner una pica en Flandes”.