Programa Benestar en Balnearios 2012

Benestar en balnearios (Xunta de Galicia) 2012

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Traballo e Benestar convoca un total de 720 prazas para participar no Programa “ Benestar en Balnearios” 2012.

A opción das prazas que se ofertan este ano corresponden a modalidade de “Balnearios” opción de “todo incluido”, e a selección farase nas Xefaturas Territoriais.

Persoas beneficiarias e requisitos: Para ser beneficiario deste programa haberá que reunir os seguintes requisitos:

  1. Ser maior de 65 anos, ou de 60 reunindo a condición de pensionista, na data en que remata o prazo de presentación de solicitudes.
  2. Residir na Comunidade Autónoma de Galicia
  3. Valerse por si mesmo para as actividades da vida diaria e atoparse en condicións de participar no Programa.
  4. Non padecer enfermidade infecto-contaxiosa, en fase activa, nin trastornos mentais condutuais non compensados, que poidan alterar a normal convivencia durante o transcurso da quenda.
  5. Precisar os tratamentos balneoterápicos solicitados e carecer de contraindicación médica para a recepción dos mesmos.
  6. Ter uns ingresos persoais mensuais, procedentes de pensións ou de calquera outro concepto, inferiores a 763,61 €.
  7. Efectuar a oportuna inscrición e pagamento do prezo estipulado, no prazo e termos que se establecen nos apartados que se indican na resolución.

Asi mesmo, poderán ser beneficiarios das prazas os cónxuxes ou os que acrediten relación análoga a conxugal dos que cumpran os requisitos anteriores, sempre que reunan as condicións dos apartados b), c), d), e),  f) e g).

Os requisitos establecidos nos apartados c), d) e e) acreditaranse mediante declaración responsable do estado de saúde efectuada no modelo que acompaña á solicitude.

Listaxe de quendas e banearios. Prezo da praza por destino para a/o participante

As persoas solicitantes poden pedir balnearios de calquera provincia, sendo o desprazamento por conta das beneficiarias. 

Balnearios
Prezo por praza
Balneario de Acuña. Caldas de Reis (Pontevedra)            370,64 €
Balneario de Arnoia. Arnoia (Ourense)            370,64 €
Balneario de Augas Santas. Ferreira de Pantón (Lugo)            391,76 €
Balneario de Baños da Brea. Vila de Cruces (Pontevedra)             370,64 €
Balneario de Baños de Molgas. Baños de Molgas (Ourense) 310,88 €
Balneario de Caldelas de Tui.Tui (Pontevedra) 310,88 €
Gran Balneario. O Carballiño (Ourense) 310,88 €
Balneario de Carballo. Carballo (A Coruña) 370,64 €
Termas de Cuntis. Cuntis (Pontevedra) 391,76 €
Balneario de Laias. Cenlle (Ourense) 391,76 €
Balneario de Lobios.Lobios (Ourense) 370,64 €
Balneario do Río Pambre. Palas de Rei (Lugo) 370,64 €
Balneario Termas Romanas. Lugo (Lugo) 391,76 €

Documentación

  • Solicitude (aínda non dispoñible), na que se cubrirán todos os datos requiridos, tanto do solicitante como do cónxuxe ou acompañante cando proceda.
  • Fotocopia do DNI do solicitante e do cónxuxe ou acompañante se procede ( no caso de non asinar na solicitude a autorización para a súa consulta)
  • Declaración responsable do estado de saúde do solicitante e a do cónxuxe ou acompañante se procede, no apartado incluido na solicitude.

No caso de que dúas persoas queiran acudir xuntas ao mesmo destino e quenda, presentarán unha única solicitude, para a súa baremación conxunta.

Lugar de presentación: Edificio Administrativo da  Xunta de Galicia                         C/ Concepción Arenal nº 8 Vigo

Prazo de presentación: Ata o 11 de maio de 2012

Redacción

A %d blogueros les gusta esto: