Primer concurso de fotografía “A Reconquista 2014”

CSCoiaReconquista1O Museo Liste de Vigo convoca o I Concurso Fotográfico “A Reconquista” 2014.

Este concurso pretende fomentar a creatividade a través da práctica da fotografía co fin de destacar a grande riqueza histórica e etnográfica desta conmemoración.

 Temática: A Reconquista Viguesa 2014 . Non se admitirán fotografías de edicións pasadas.

Concursantes e número de obras: Poderá participar todo aquel que o desexe con un número máximo de tres fotografías.

Presentación das obras e identificación: Poderanse presentar imaxes reveladas en papel e/ou en formato dixital. Para as fotografías reveladas en papel de emulsión fotográfica, o tamaño da imaxe será dun mínimo de 15×20 cm. Admitirase calquera proceso fotográfico: color, branco e negro (en todas as súas variacións).

Para a entrega en soporte dixital requirirase, preferentemente, un CD ou envío por correo electrónico que conteña as fotografías presentadas a concurso, cunha resolución mínima de 300 ppp. Non se admitirán fotomontaxes.

En cada envío deberán axuntarse os datos persoais do autor: nome e apelidos do concursante; dirección postal (domicilio, código postal, poboación, provincia); dirección de correo electrónico e teléfono de contacto. Xunto a cada imaxe figurará o título da mesma.

CSCoiaReconquista2Envío: As obras que non sexan enviadas por correo electrónico (didactica@museoliste.org), se presentarán ou remitirán a: Fundación LIiste-Museo Etnográfico de Vigo, rúa Pastoriza  Nº 22, 36210-Vigo – Tel. 986244698 indicando no sobre I CONCURSO DE FOTOGRAFIA “A RECONQUISTA” 2014.

Para aquelas fotografías enviadas por correo, se considerará como data de presentación a do cuño .Recoméndase aos autores que envíen as súas obras por correo ou servizo

de mensaxería que tomen as medidas oportunas para evitar posibles deterioros.

 Prazo de admisión de obras: ata o 7 de abril de 2014.

Selección de obras, xurado e fallo: o xurado que seleccionará as obras gañadoras estará formado por expertos en fotografía, membros do Padroado da Fundación Liste e persoal técnico do Museo. O fallo será publicado na páxina web do Museo e en prensa a partir do 15 de abril.

CSCoiaReconquista3Entrega de premios: a entrega dos premios e inauguración da exposición das fotografías premiadas será convenientemente difundida.

Exposición das obras: As obras estarán expostas na sala didáctica “O devir das estacións” durante 15 días.

 Devolución das obras: as obras non seleccionadas poderán ser retiradas polos seus autores, persoalmente o mediante delegación a outra persoa debidamente documentada, na sede da Fundación Liste -Museo Etnográfico de Vigo.

 Organización: A entidade organizadora tratará co máximo coidado as obras recibidas, reclinando toda responsabilidade de extravío ou accidente fortuíto que puidera producirse. A participación neste concurso implica a aceptación íntegra das súas bases.

Buena suerte y a participar.

A.G.

Fotos: Paco Dominguez

Un comentario en “Primer concurso de fotografía “A Reconquista 2014”

  • el 31/03/2014 a las 9:00 pm
    Permalink

    Preciosas fotos Paco. Participa que tú eres un artista. En el centro hay muchos buenos fotógrafos que esperamos que se animen también y participen.
    Un abrazo. Alex

Los comentarios están cerrados.

A %d blogueros les gusta esto: