Prazas xuvenís, programa campaña de verán 2013

ampamentos-en-verano-joveA Consellería de Traballo e Benestar, a través da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, oferta a programación de actividades para o verán de 2013 para a mocidade. As diferentes actividades que integran esta programación levaranse a cabo tanto en Galicia como nas comunidades autónomas de España.

Requisitos dos participantes:

1. Poden solicitar a súa participación nas actividades ofertadas nesta convocatoria os/as mozos/as nacidos/as no ano sinalado no anexo I para cada actividade.

2. En canto á idade mínima e máxima para participar na Campaña de verán 2013, cómpre destacar o seguinte:

– Os/as nacidos/as no ano 1995 non poderán cumprir 18 anos antes da finalización do campamento.

– Os/as nacidos/as no ano 2004 deberán ter cumpridos 9 anos ao inicio do campamento

Prazo de presentación:  03/04/2013 a 17/04/2013

Normas:

a) Cada mozo/a só poderá cubrir unha solicitude e elixirá, por orde de prioridade, un máximo de cinco quendas ou actividades (cada quenda ou actividade vai identificada cun código no anexo I desta orde).

b) Os datos do/a solicitante deben ser os do/a mozo/a que opta a participar nas actividades. No caso de solicitudes múltiples deberán cubrirse os datos de todos os/as irmáns/irmás que soliciten a súa participación.

c) As solicitudes deberanas asinar os/as pais/nais ou titores/as dos/as menores solicitantes.

d) Se o/a solicitante é galego non residente en Galicia, na súa solicitude debe figurar, para as comunicacións, un enderezo nesta comunidade autónoma.

e) A duplicidade dunha solicitude dará lugar á inadmisión de ambas, quedando o/a solicitante fóra do sorteo.

Para más información:

CSI.F PONTEVEDRA
Teléfono: 618 998 522 – 986 896 900
Rúa, Marqués de Riestra núm 18 entresollado Pontevedra
http://www.autonomico36csif.blogspot.com.es/
Facebook de CSIF Pontevedra
E no twitter de CSIF Pontevedra, CSIF36

Redacción

A %d blogueros les gusta esto: