Políticas medioambientais

Van aló máis de vinte anos que os científicos pregoaban a preocupante  situación do planeta si a humanidade seguía co consumo desaforado de  materias perigosas para a vida do planeta: consumo de combustibles fósiles que producen Co2,  -carbón e petróleo-, sobre todo;  e metais pesados  empregados como fertilizantes na agricultura en cantidades excesivas e que rematan nos acuíferos e de alí aos ríos e ó mar.

Políticas medioambientaisO mar remata por ser o “pozo negro” onde van parar todo o que estragamos. O IEO, (Instituto de Estudos Oceánicos) avisa de que os océanos están cheos de plásticos e que a fauna mariña está perigosamente afectada. Nos peixes, segundo o tamaño, aparecen afectados por mercurio e outros minerais, pero o plástico está en tódalas especies.

Como frear este devalo?

Nada se arranxa sen unha política medioambiental. E as políticas parten dos Parlamentos, dos Estados que son conscientes deste gravísimo problema para a humanidade.  De aí a importancia que ten a política.

A política ou as políticas, poden ser boas para a humanidade ou nefastas, depende dos representantes da cidadanía. En España temos episodios recentes nos que podemos ver a diferenza e os resultados. Só un par deles:

Políticas medioambientaisAno 2004, hai un cambio ideolóxico no novo goberno: un dos problemas máis graves eran os accidentes nas estradas: 6.000 mortos ó ano (non se contabilizaba o número de feridos que poderían ser tres veces máis, ou sexa, 18.000, algún deles parapléxicos ou tetrapléxicos).

Ninguén reflexionaba sobre o dolor causado; os costos en hospitalizacións nin na traxedia que supón a vida dun parapléxico e a súa familia.

O novo goberno, cun criterio diferente, despois dunha análise de causas determinou tomar algunhas medidas, entre outras: baixar a velocidade nas estradas  e  o grado de alcohol para conducir; o slogan era “si bebes non conduzas).

Esta política tan sensata foi respondida  polo anterior presidente co seu adxunto como “partenaire”;

Ámbolos dous,  -diante das cámaras de televisión-  trataban o tema con un desprezo absoluto: …Y quién me dice a mi cuando tengo que beber, dicía o máis “listo”. E o outro -coa sorna que lle é propia-  completaba  cunha frase que se fixo planetaria, ”viva el vino”.

A sensatez da cidadanía acomodouse a nova lei que deu como resultado que a perda de vidas humanas baixara a 2.000 en sete anos.

Velaí unha mostra do que pode ser a diferenza entre unha boa e unha mala –en este caso ruín- política. A valoración destes datos só poden facelo aquelas familias vítimas da perda de pais, fillos, irmáns, etc.

A valoración e a reflexión déixoa para os e as lectores/as.

Políticas medioambientaisOutra boa lei, tamén daquela lexislatura política, foi a prohibición de fumar en espazos pechados. Os agoreiros daban por rematada a hostalaría. Nesta tamén houbo as correspondentes chanzas e descualificacións para o impulsor da devandita lei.

Aínda con certo –deixar facer- a lei fixo que a sociedade mellorara sensiblemente. Quen non lembra estar nun restaurante coa sala chea de fume: había quen entre prato e prato fumaba un pito, e aquilo dábase como algo normal; os asmáticos ou doentes doutras enfermidades tiñan que deixarse amolar; a razón era do fumador.

O tabaco estaba presente en fábricas, oficinas, despachos de profesionais , tabernas e ata nos hospitais era frecuente atoparse a un médico cun pito nos beizos. E, o mal cheiro do fume metíase ata nas roupas  que se levaban postas.

Eis outra moi boa lei que hoxe ninguén se atrevería a derrogar.

Esperemos, pois, que as políticas sirvan para mellorarnos a vida e respectar o planeta. Só con leis que freen a cobiza do capitalismo  e a concienciación dos poboadores que o habitamos . Arestora quen marca o rumbo é a activista  sueca Greta Thunberg. Esta adolescente foi quen de plantarse diante do parlamento  sueco pedindo que parasen a destrución do planeta. O cambio climático era un feito indiscutible.

O éxito da chamada foi tan amplo que centos de milleiros de xoves de todo o mundo a seguen.

Teñen moita razón; as novas xeracións son as que van a habitar os vindeiros anos os espazos que arestora pisamos.

Toca aprender da xuventude. Eles e elas son os donos do futuro.

Non lle lo estraguemos máis!

 

 

 

Telmo Comesaña     xaneiro   2020

A %d blogueros les gusta esto: