Peticiones de ayuda para Haiti

Haiti
O mellor xeito de axudar é estar informado do que realmente se necesita e levalo a cabo. O voluntariado en situacións de urxencia require de formación previa para poder articularse de xeito inmediato e eficaz dentro dun equipo de axuda humanitaria. Podes atopar en CanalSolidario.org algunhas suxestións de formación para Voluntariado en Axuda HumanitariaRecollida de material de urxencia para Haití
Cómo podemos ayudar.

Ante os feitos ocorridos en Haití, a Unidade Especial de Protección Anticatástrofes e Salvamento de Emerxencia e Protección Civil, fai unha recollida de material de urxencia no local da Asociación de Veciños de Lavadores, sito na R/ Ramón Nieto, 302, ó lado do campo de fútbol.

Lista co material que se precisa

-Toldos.
-Tendas de campaña.
-Esterillas.
-Sacos de durmir.
-Pastillas potabilizadora de auga.
-Xabón desinfectante, xel e champús.
-Material sanitario: vendas, tiritas, esparadrapo, gasas, xeringas e agullas, alcohol, auga osixenada, betadine, soro fisiolóxico, paracetamol, botiquines,…
-Sábanas, colchas, toallas,…
-Hamacas de praia plegables.
-Colchonetas das hamacas ou hinchables.
-Linternas sin pilas, das que se cargan con manivela.
-Neceseres con material de aseo.
-Vaixelas de camping de plástico ou aluminio: pratos, vasos, culleres, garfos e coitelos.
-Hornillos de camping sen bombona.
-Complexos vitamínicos ou sucedáneos.
-Alimentos: leite en pó, cacao en pó, cereais, lentellas, garvanzos, pastas, preparado en pó de bebidas isotónicas (isostar, gatorade, non cristal), sodas, arroz, leite condensada, conservas, infusións (manzanilla, tila).
-Mesas con cadeiras de camping que veñen en conxunto nunha maleta.
-Xoguetes (monecas, balóns, peluches, pinturas, libros para colorear) en bo estado e material didáctico.

Fuente: Xornal Vigo-Diario del Concello de Vigo.

A.G

Un comentario en “Peticiones de ayuda para Haiti

  • el 25/01/2010 a las 9:28 pm
    Permalink

    Me parece fenomenal, hay que ponerse en la piel de ellos. Hoy por ti y mañana por mi.

    Tengo una duda: si hay aún supervivientes ¿porqué regresaron los equipos de rescates?

Los comentarios están cerrados.

A %d blogueros les gusta esto: