Pensar

 

Ás veces eu penso. Hoxe, na casa,  penso.   Paga a pena?.  Pode. A cuestión é sabelo. Saber o que?  E que mais ten! Se sabes porque sabes, e se non sabes porque non sabes.

De calquera xeito mais vale saber, por si acaso. Si non sabes non te enteras. Si non te enteras non sofres. Si non sofres non gozas. Si non gozas non sentes. Si non sentes é como si non existiras. E que pasaría si non existiras? Pois depende como o vexas. Si o ves ben ou si o ves mal.  E si es cego?. Pois si es cego apalpas. E si es manoto?  Si es manoto cheiras.  E si non tes cheiro? Si non tes cheiro metela lingua. E si está salgado?  Si está salgado bótaslle auga. E si afogas coa auga?.  Pode.  E si o deixamos polo de hoxe?  Vale.

Pois deixeino algúns anos pero logo, despois de reler “Las ruínas de Palmira”, púxenme    diante do ordenata traqueleando nisto que deron en  chamar teclado. Algún amigo meu   pensaría: a este Telmo que parece tan xuicioso estanlle a afrouxar os parafusos.

Pois non; decátome que desde que teño uso de razón, e xa van aló unha morea de anos,  estanme a manipular, e o pantasma que está o meu carón quer saber, e pregunta como si fose un inquisidor: pero quen, oh?.

Pois xa que tes tanto interese voucho dicir, e xa que logo, despois xa sabes tanto coma min. E dime el: “arre demo”, e cando confesabas non lle dicías todo o cura?.

Aí lle doe compañeiro! aí lle doe. Os curas. Oh compañeiro! Neste intre estame a pasar por diante de min a película da miña vida que será semellante a de moitos outros, e que moitos deles caeron na trampa que lles tenderon, e hoxe, por non pensar non saben nin quen son.

 

Reflexións

-Non é o mesmo que leves as pautas da túa vida a que as leven outros por ti.

-Non é o mesmo ser escravo que escravista; nin tampouco escravo irredento que podendo ser libre conformase coas migallas de pan que debrocan do mantel

-Vivir libre e sen ataduras é unha conquista diaria.

 

 

Telmo Comesaña     xullo 2020

A %d blogueros les gusta esto: