Parroquias e barrios. Lugares de encontro (VI)
A igrexa de Alcabre era pequena, a caida pra poboación de comenzos do século XVIII; (datada no arco de entrada ó presbiterio no ano 1708, baixo a advocación de santa Olaia).
A igrexa, -na que non se celebran actos dende hai uns vinte anos-, está chantada no extremo norte da parroquia, ao carón da Praia de Santa Baia, que según o -disque disque-, a santiña de Mérida que preferiu morrer antes que perder a virxinidade, apareceu na devandita Praia votada polas ondas atlánticas, e, os vecinos daquela deronlles o nome a praia. ..Milagres daqueles tempos nos que polo mar nos chegaban cristos do sal, dos aflixidos e a nosa patrona.
O conxunto está formado pola igrexa, -nos anos corenta tivo unha ampliación encol do cemiterio e nos anos cincuenta outra para a capela do nazareno-, o cemiterio, -diante da fachada e o lateral do sur-, e a casa reitoral, (arestora sede da asociación de veciños “Nosa Terra de Alcabre”.
O torreiro era pequeno , estaba entre a igrexa, a casa do cura e os muros das fincas de Curbera,-polo Leste-,e outra finca -polo Oeste-, e entre elas o camiño que remataba no monte das cruces, entre as praias de Carril e Santabaia.
Arestora todo aquilo está transformado e o monte das cruces perdido: pouco a pouco o mar foino levando. Lembroio cunha superficie de aproximadamente dez metros cadrados, e dalí votabase os fogos os días da festa da patrona e Santo Antonio. Din que o nome viñalle dado porque alí ubicabase a igrexa e un via crucis antes do século XVIII.
As misas
Como fun monago podo dar fe do que acontecía nos actos relixiosos, e xa que logo, comenzarei a refletir como se desenrolaban
Daquela, as misas eran en latín e de costas aos fieis; e isto foi así ata que chegou ó papado monseñor roncalli, xoan XXIII.
Despois da letura do evanxeo, o cura votaba o sermón, que sermóns. Mii maaa! O primeiro era berrarlle ós homes que sempre quedaban atrás; homes había poucos, as mais eran mulleres, e o cura falaba sempre do inferno e do purgatorio – o purgatorio era o mesmiño co inferno, pero podiase sair del o estar purificado o espirito. Non se sabía o tempo que se pasaba alí ardendo de maneira arrepiante, porque Deus non mide o tempo en anos, poden ser miles de anos, pero para acurtalo tempo compre rezar moito pola anima do defuntiño e dicirlle moitas misas, para aplacar a ira divina-. Xa se sabe que as misiñas non se fan de balde, custan uns cartiños e si son solemnes, entón aumenta o custo porque cantos máis curas a cantar e confesar e a rezar os responsos…
O sermoneo do cura sempre era semellante; os mandamentos da lei de Deus e os da Santa Nai Igrexa eran os puntos de partida, facendo máis fincapé no sexto –as chamadas a virxindade das mulleres tomando o exemplo da Patroa-, no decimo –para que non se desexasen os bens alleos e os cinco da Igrexa, o quinto refirese ás esmolas á Igrexa.
O estilo era bronco, ás veces insultante para as mulleres, que logo ían pedirlle “contas” a sancristía. Non había unha relación dun Deus amoroso e pacifico; pola contra, estaban sempre presentes os enemigos de Deus e da Igrexa, e saían a relucir, os protestantes con Lutero e Calvino; os xudeos que mataron a Cristo…E seguía con todos os que non eran católicos cumplidores cos sacramentos; mal exemplo para os rapaces e para a sociedade: advertía de falar cos protestantes, que engaiolaban a xente con mentiras. A única relixión salvadora era a católica. (meu primo Teodosio meteuse protestante e con él os país e parte da familia. O cura fixolle unha presión brutal). Confesar e comungar era outra tema.<confesión o condenación>. A señora Elena a “do Cabo” e miña avoa Peregrina nunca ían comungar, e o cura -sin nomealas- insistía na recomendación, só, para salvarlle a anima. Que importante era pro sistema que a xente se confesara!
Tamén aproveitaba para facer advertencias; e si había algún día santo polo medio da semana, exemplo: <El próximo jueves, es día festivo, hay obligación de oir misa y no se puede trabajar>. Eis, a incongruencia; traballar en domingo ou festivo podía ser pecado venial ou mortal, según o tipo de traballo, e velaí que os domingos cando se ía a misa, Javier Sensat Curbera, tiña ós canteiros traballando , e ademáis non ía a misa, pero eses non pecaban, eran do clan; daba boas esmolas e agasallou a igrexa cunha imaxe da virxe de Fátima.
As misas solemnes, de defuntos e de gloria
-As misas solemnes de defuntos eran moi aburridas: catro ou cinco curas revestidos de negro, cantando os diesires, os responsos e os país nosos e o mal cheiro do incenso, que nunca me afixen a el. A xente enloitada e tristeiras as veces chorosas; o altar tamén de negro e as candeas semellaban que as lapas tamén formaban parte da representación daquel escenario luctuoso.
As misas solemnes adicadas aos santiños eran outra cousas; -ainda que tamén había que aturar o incenso-, o ambiente cambiaba: a roupa coa que celebraban o acto era de gala, e mesmo o cubrimento do altar, lucerías doretablo,as lámpadas acesas, e as flores era máis festeiro, ata parecía que as candeas alumeaban mellor porque se miraba brincar as lapas.
Na da patrona a banda de música tocaba o himno “nacional”, e cantabase moito e o cura non berraba: era día de festa e santa Olaia era o referente daquel día glorioso, e a xente ía coas mellores prendas que tiña gardadas porque era día de estrear e lucir o mellor de cada quen.
Rematada a misa , -na que participaban os curas da contorna-, saía a procesión coas imaxes enriba das súas andias levadas polos homes; detrás ían os curas revestidos e logo a banda de música interpretando pezas sácras. A xente que aparticipaba ía a ambolos dous lados das imaxes con candeas acesas e o resto detrás da banda. Saían da igrexa, dabanlle a volta o torreiro e voltaban a gardar as imaxes. Para elas tamén era festa; mans feneninas limpabanas, cambiabanlles as roupas e fermoseabanas.
Xa rematados os actos, a banda interpretaba unas pezas , e sempre había quen aproveitaba para votar uns bailes.
Rematado o concerto , a xente devolta a casa a celebralo cun xantar festeiro e os curas invitados na abadía.
Seguirei con estas “crónicas” para coñecer mellor un pasado non tan lonxano
Telmo Comesaña marzo 2017