Parroquias e barrios. Lugares de encontro (V)

Igrexa Alcabre 1708

En esta quinta achega sitúo  a Igrexa como lugar de encontro e, abofé que non é o máis acaido, porque arestora, co devalar de tantos anos a apreciación que teño dos episodios acontecidos: sermóns escoitados,  medos sufridos por aquel terrible inferno no que se ardía eternamente sin consumirse e con dores espantosos-, as advertencias no confesionario, os sacrificios para asistir ás misas de difuntos ás sete da mañán, e ó rosario da aurora ás seis da madrugada, viáticos, enterros e funerais, que lembro na distancia.

O  meu pensamento tórnase en considerar á Igrexa en un lugar de encontro obrigado para moita xente tornándose para eles en lugar de tortura. Máis en lugar de represión que de encontro voluntario e amistoso.

Á Igrexa non se ía á procura de alimentos nin de lecer. Alí ían, os que o facían de boa fe, crentes convencidos, quenes  estaban involucrados no sistema imposto polo novo réxime, que participaban polos impulsos que marcaba o cura, -membro daquel poder represivo-, e tamén ían os que se vían obrigados para poder ser atendidos cando precisasen algún documento acreditativo de ter boa conduta e ser bó católico. Para entendelo mellor acheguémonos ao libro do historiador, Lucio Martínez Pereda, ”Medo político e control social na retagarda franquista” , paxinas 74-75, Ed. Xerais, respecto da actuación dos curas no control -político/social da cidadanía-.

O bispo de León,  José Álvarez Miranda, en decembro do 1936, “aconselláballes”  aos curas <eliminar as consideracións humanitarias a hora de conceder un certificado de boa conduta>.

[…Nos creemos en la oblgación de advertir a los señores curas que  procuren referirse a la conducta religiosa manifestada por la observancia  del precepto de asistencia a la santa misa y a la frecuencia de los sacramentos, a los actos de culto y clero, limosnas para la santa bula, por el cumplimiento moral, por la manifestación de ideas públicas a favor o en contra de la religión(…)

Tengan muy en cuenta la importancia de estas  informaiciones y la responsabilidad ante Dios  y ante las autoridades en que podrán incurriren el caso de noticias incompletas o atenuadas por una mal entendida benevolencia. (129Ref)

<129 Boletín Oficial del Obispado de León, 22 decembro 1936.  O texto foi reproducido por Rodríguez González, 2010: 127.  Existen máis constancias documentais destas prácticas relixiosas informativas. O arcebispo de Santiago de Compostela, Tomás Muniz de Pablos, ordeáballes en setembro do 1936 aos párrocos negar os certificados de catolicísmo e relixión a funcionarios afiliados ao comunismo ou entidades marxistas. Boletín  Oficical Arzobispado de Santiago de Compostela, 14 setembro 1936., reproducido en Rodríguez Lago 2004: 466].

Cos anos funme decatando do perfil da xente que asistía á Igrexa e, pouco a pouco fun situando ás persoas e os motivos que as levaban a participar nas cerimonias relixiosas.

Malia ós anos pasados e a evolución do meu pensamento, situareime naquel escenario a prol de reproducir aquelas vivencias.

Actividades eclesiais.

-Bautizos, confirmación, primeiras comunións, misas ordinarias e solemnes, de gloria e de defuntos, rosarios ordinarios e da aurora, cataqueses, viático, enterros de anxeliños e adultos, novenas, procesións, oficios de  Semán Santa, festa de todolos santos,   bendición das casas o día de Pascua, Santa Misión, vixilia da peregrinación da virxe de Fátima, festas relixoso/profanas de Santa Olaia e Santo Antón.

  • Os bauticeiros non tiñan mais xente que as familias e as mulleres que coincidían na Igrexa e os rapaces –que por algún motivo andaban por ali- esperando que sairan para apupar ó padriño si non soltaba os cartos como era costume: o padriño tacaño faciase de rogar e os rapaces cantaban “que viva o meniño e morra o padriño”, entón votaba a man o peto e ciscaba á repañota un puñado de calderilla, e mentras pelexaban uns cos outros á familia íase co deber cumprido.
  • Lembro a confirmación na que eu fun crismado, foi unha festa memorable, viu o señor Bispo da Diócese de Tui, Antonio García García, e logo foi nomeado Arcebispo de Valladolid conservando a plaza de Tui ata a chegada do carmelita frei, José López Ortiz, -trouxo a sede episcopal para Vigo, resultando ser Tui-Vigo-.
  • Antonio García foi recibido coa honra e o boato de tan importante cargo eclesial. Na que hoxe se denomina Avda. Atlántida, no comenzo do camiño deica a Igrexa, os fregueses da equipa do cura levantaron un aro adornado con frores e papeliños. Formouse unha ringleira de xente -os rapaces e raparigas primeiro- pa bicarlle o anel o bispo, e logo ata Igrexa en procesión. Alí desenrolouse o acto e só lembro cando me puxo a man na caluga e coa outra man fíxome unha cruz na frente: non lembro canto durou nin como rematou.

-As primeiras comunións adoitaban ser nas celebracións  importantes, sobor de todo en maio florido no que se honraba a Virxe, pero había excepcións: eu fíxena o 19 de marzo do 1942, día de San José, e levei de compañeira a Loliña Comesaña –sobriña do cura-. Non foi un día festeiro, e  non foi un día feliz para min.

Seguirei completando os temas que quedan por describir, tratando de facelo coa visión daquel neno preocupado e observador.

Telmo Comesaña  Marzo 2017

 

5 comentarios sobre “Parroquias e barrios. Lugares de encontro (V)

  • el 23 de marzo, 2017 a las 15:47
    Permalink

    Telmo. Yo recuerdo los bautizos en la Colegiata de Vigo. En mis tiempos lo que le gritábamos al padrino era aquello de: “Padriño roñoso, bota a man ao bolso”. Recuerdo el día en que encontré una moneda de cinco duros.
    ¡Guauhhh! Se la enseñé a mi madre, que estaba en el comercio, y claro, me dijo que era mucho dinero para manejarlo yo, que era muy pequeña. Que ella me lo administraría.
    La verdad, no sé en qué lo administró.
    También recuerdo lo de la Santa Misión. Era en la Plaza del Ayuntamiento.
    ¿Me equivoco o vino el famoso Padre Peyton?
    En fin, son tiempos pasados. Aunque tengo que decir, referente a los certificados de buena conducta, de los que oí hablar en Barcelona, que había sacerdotes, que los expedían a padres de familia sin requisitos. Para que pudiesen trabajar.
    Desgraciadamente, otros no. Los exigían.
    Gloria.

  • el 26 de marzo, 2017 a las 13:45
    Permalink

    En Castilla la Mancha, lo que yo recuerdo es que a los novios que se iban a casar se les exigía hacer el cursillo. Yo le hacía los “deberes” que le ponían a una de mis vecinas. Eran preguntas sobre temas bíblicos y alguna que otra cuestión de moralidad. Al final aproó, con muy buena nota. Aún me rio cuando me acuerdo.

  • el 26 de marzo, 2017 a las 14:03
    Permalink

    Dos tempos pasados son dos que vimos, e relembralos é moi importante para decatarnos quen somos, prezada gloria

    Ainda que o sistema era o mesmo, non hai que confundir os anos setenta, cos corenta e cincuenta.Daqueela dabase por sentado que a parella que ía casar era católica apostolica e romana, ainda que non supera onde quedaba Roma. Sin casamento relixioso non había libro de familia, prezada Alex

  • el 1 de abril, 2017 a las 19:24
    Permalink

    Nos bautizos dos anos 70, en Coia, O Ressío, Bouzas… Os cativos gritábamos: “padrino choucho…” E caía sobre nos unha chuvia de moedas.
    Importante labor esa difundir as nosas costumes, a Aportación de Telmo é hixiénica e moi saludable. Traer recordos casi esquecidos é un exercicio mental. Telmo enche as “lagoas” de coñecemento dos Nosos Antergos. O meternos en contexto entendemos certos comportamentos, reaccións…As raíces dan seguridad na vida pois consolidan a nosa pertenencia ao Grupo. Nestes tempos de “aldea global” en continuo cambio é un deber actualizar a memoria e saber quen es, de onde ves, doutro xeito andamos a deriva, mareados…Grazas Telmo Comesaña Pampillón!!!

  • el 2 de abril, 2017 a las 20:32
    Permalink

    Praceme que estes escritos teñan como un recordatorio para as persoas que os len.ese é o fin que persigo; coido que Begoña colleuno coa ideaq ue eu teño de como construir o futuro. Non hai futuro sin pasado, nin arbres sin raíces. O resente é efimro, todo está no pasado e no porvir que é o que temos que construir. Neste país hai moita xente a que non lle interesa o pasado. Qué queren agochar?…pois as desfeitas dos seus devanceiros, en moitos casos tapar as incautacións feitas nos anos do medo e do terror.
    Que importante é lembrar! Que saudable é!
    Si o pasado non importa, por qué hai museos, historiadores, arqueólogos, por qué se buscan os xenes e se investigan as causas dos efectos causados por algo que aconteceu noutrora…

Comentarios cerrados.