Para ir de tapas por un euro.

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, presentou as terceiras Xornadas do Mexilón, que se celebrarán ata o 29 de marzo coa participación de trece locais do Casco Vello e nos que se poderán degustar tapas a un euro. Segundo explicou o tenente de alcalde, esta é unha das diversas iniciativas que se están a desenvolver co obxectivo de “acadar a dinamización e revitalización” do barrio histórico vigués.
mejillones“Un ano máis celebramos estas xornadas de degustación dun dos produtos tradicionais da nosa gastronomía”, sinalou. O nacionalista explicou que nos establecementos participantes se poderán degustar distintas formas de preparar o mexilón, dende as máis tradicionais ás máis innovadoras.

mossels_grootAsí, o restaurante La Carbonara preparará mexilóns á menta; o Gamboa ofrecerá mexilóns en escabeche; Mama Oko fará chop-suey de mexilóns; La Comidilla preparará filloas de mexilón á crema; El Pescador mossels_grootofrecerá maxilóns ao vapor; La Mari terá crema de mexilóns ao aroma de cilantro; nos Petiscos poderase probar os mexilóns bañados en viño agre; no Alta Fidelidade prepararán mexilóns Alta Fidelidade; o Ultramarinos Finos A Pola terá mexilóns gratinados; na Taversa A Curuxa farán mexilóns en mollo nori e pasta negra; a Pita Tola preparará mexilóns á Pita Tola, no restaurante Rías Gallegas ofrecerán mexilóns ao vapor e na marisquería Bahía se poderá probar mexilóns ao albariño con pasas de corinto.

Según informaba “Xornal Vigo”.
Recogido por AGR

A %d blogueros les gusta esto: