Otras actividades culturales de Semana Santa
Centro de visitantes del Parque Nacional de las Islas Atlánticas de Galicia – Edificio Cambón
Enviámosvos un recordatorio coas actividades de Semana Santa no Centro de Visitantes.
Rúa Palma 4. Casco Vello – Vigo
– O Mércores 23, ás 12:00 h, teremos unha proxección de cine familiar, coa película de animación Ferngully. La última selva tropical.
– O venres 25 ás 12:30 h, temos a presentación do documental Fóra do Continente que retrata a vida dos poucos habitantes que aínda permanecen na illa de Ons. Nico Martínez Millán, o seu director, será o encargado de facer a presentación do documental e do coloquio posterior á proxección.
– O domingo 27 ás 12:30 h, Anxo Moure e Servando Barreiro traerán ata o Centro de Visitantes o seu espectáculo de contacontos e música “A música das árbores”.
Un proxecto que conxuga a narración, a música e a poesía para falarnos da posibilidade dun mundo onde os seus habitantes vivan en harmonía coa natureza e onde os problemas se amañen facendo falar os corazóns.
Agardamos que as actividades sexan do voso interese.
Alex Garrido.