“Os recortes nos Centrosociocomunitarios”

Centrosociocomunitario de Coia-Vigo
Centrosociocomunitario de Coia-Vigo

Xa hai varios anos que son usuaria do Centrosociocomunitario de Coia-Vigo. Anteriormente entre o traballo e a crianza dos fillos non tivera ocasión de disfrutar das oportunidades que o Centro ofrecía e, sinceiramente, ignorábaas.

Tivo que chegarme a xubilación para dispor de tempo libre e coñecer qué era o que xa agora é  o meu C.S. de Coia.

 Admiróume a vitalidade dos usuarios.

Daquela sorprendéronme as posibilidades que ofrecía, a inmellorable xestión da dirección e o seu equipo, coñecedora como son, polo meu traballo nun Instituto, das dificultades que a xestión das actividades culturáis supoñen. Admiróume a vitalidade que os usuarios tiñan e teñen participando e, máis alá diso, a  cordialidade e solidaridade que entre eles había, sempre atentos coas demandas que podían xurdir.

Taller-Filosofía3O Centro ofrecía a posibilidade de compartir aficións e proxectos e a oportunidade de cualificarse para o futuro profesional, ofertando clases desde Informática a Inglés, futuro que mozos e non tan mozos están a vivir de xeito dramático nestes tempos de máis de seis millóns de parados, onde se xuntaba a posibilidade de reciclaxe e ó mesmo tempo de comunicación entre eles.

Lémbrome  da admiración que me produxo  a cantidade de actividades que se podían facer, desde asistir a debates sobre temas de actualidade a  teatro, mantenimento físico, andainas, labores, barro, petanca ou talleres de literatura, música, viaxes culturais, e non estou a enumerar todo o que se víu facendo durante estes anos.

O Centro estaba e segue a estar a tope e, cando parecía que o problema era loitar pola súa ampliación por non dar abasto coas instalacións existentes, chegan os recortes do goberno que decide reducir máis do 50% o presuposto do Centro.

Taller Enveller benAinda que sabiamos dos ciclos do capitalismo e as crises que pola súa propia condición xenera, a información sempre confusa, incluso a negación, fixo que tardáramos en comprender o que estaba a suceder.

Un pouco de historia.

Se facemos o percorrido desde a crise financieira nos EE UU cos bonos basura e a repercusión nunha gran parte da banca mundial, especialmente nas economías máis febles do sur de Europa,  atopámonos coas entidades financieiras que,  buscando cartos fáciles no que deu ser a burbuxa inmobiliaria, dirixidos pola avaricia dos seus dirixentes, acaban sendo incapaces de facer frente a súas débedas.

Pero a austeridade para quen?.  En vez de  recaudar  fondos dos que de verdad teñen, e moito, que enviaron e seguen enviando ós seus cartos aos paraisos fiscales, están a quitalos da sanidade, da educación, da cultura e das obras públicas.

cafeteriaCentroEstas  decisións políticas  serán o comenzo dunha larga serie que afecta e seguirá afectando á cidadanía que, sen ningunha responsabilidade, ten que pagar as deudas dos bancos e caixas que na súa práctica expansiva e suicida para obter beneficios fáciles, afectan ás familias que padecen reduccións de xornais, inseguridade, paro e que ven retornar fillos e netos ó fogar, unha xeración que é a máis preparada da historia, desaproveitada e que observa como os mesmos de sempre, seguen a receber prebendas millonarias, e cómo non? estas políticas acaban afectando ós centros sociais que ven  recortado o seu presuposto en máis do 50% e que quedarán reducidos a meros contenedores de persoas, reducidas ao antigo estereotipo vello/pasividade do que creíamos ter saído.

MariaTeresaVinas

 

Texto: María Teresa Viñas

2 comentarios en ““Os recortes nos Centrosociocomunitarios”

  • el 29/05/2013 a las 9:17 am
    Permalink

    Mal política la de los excesivos recortes. Y más, cuando se tratan -como este centro- , que ayuda a tantas personas a aprovechar sus recursos y sus actividades para las personas jubiladas. Injusto siempre recortar por el lado más sencillo, quebradizo y frágil. Un abrazo desde Barcelona, de este escritor, que tanto aprecia a este centro.

  • el 01/06/2013 a las 8:00 pm
    Permalink

    Pues sí Mª Teresa. Como tú creo que los recortes están afectando a muchas familias trabajadoras. Durante años dicen que vivimos en un “estado de bienestar” y nos están diciendo que ahora se ha acabado. Tal vez tengamos que volver a los tiempos en que no había Centros Sociales ni Clubs de Jubilados y muchas personas mayores vuelvan a tener que quedarse en casa o sentarse en un banco en la calle a ver pasar la mañana o la tarde si acaso hablando con algún o alguna amig@.
    Gracias a estos sitios los usuarios han podido entretenerse adquiriendo unos conocimientos que al mismo tiempo que les sirven de formación les entretienen y ayudan a superar los problemas que puedan tener, a sobrellevar con más optimismo y fuerz la tercera edad.
    ¡En fin! El tiempo nos dirá como se soluciona esto.

Los comentarios están cerrados.

A %d blogueros les gusta esto: