"Os primeiros Galegos"

En canto á organización social dos celtas galaicos, as primeiras referencias documentais que se atopan sobre a sociedade castrexa son as que proporcionan os cronistas das campañas militares romanas como Estrabón, Heródoto ou Plinio entre outros. Estes describen aos habitantes destes territorios como un conxunto de bárbaros que pasan o día pelexando e a noite comendo, bebendo e danzando baixo a lúa.

Sociedade matriarcal.
Das crónicas romanas, xunto aos Leabhar Ghabhála Érenn así como da interpretación dos abundantísimos restos arqueolóxicos por toda a actual Galicia e norte de Portugal, é posible inferir que se trataba dunha sociedade matriarcal, cunha aristocracia militar e relixiosa probablemente de tipo feudal.

As figuras de máxima autoridade eran o caudillo, de tipo militar e con autoridade no seu castro ou clan, e o druída, principal referentes médico e relixioso que podía ser común a varios castros.

Os dioses.

A cosmogonía celta mantíñase homogénea debido á facultade dos druídas de reunirse en concilios cos druídas doutras áreas, o que aseguraba a transmisión dos coñecementos e os eventos máis significativos. 

A distribución territorial castrexa divide a súa área de influencia en espazos en torno ao castro equivalentes ás actuais comarcas, de forma similar ao que se pode apreciar nas poboacións celtas das illas británicas e o centro de europa. A ocupación do territorio baseándose en fortificaciones é coherente coa presión poboacional e a presenza de minerais, entre eles o ouro, que explicaría o interese romano por estender o seu dominio ao único territorio da Península Ibérica que ofrecía unha resistencia suficiente para detelo.
O exemplo máis claro desta presión é a exercida polo pobo romano, atraído pola riqueza metalúrgica da rexión.

Un pouco da nosa historia.

Fonte: diversas.

A lingua.

Falo coa miña lingua irada,
coa rabia da brétema nos ollos,
coas palabras-farrapos culpantes de tanto ladroício,
coas bágoas, o ferro, o veneno, a auga turba, a lama dos pozos sen dono,
a fereza dos cazadores doutrora -os que amansaban falcós e miñatos-
coa fala dos saqueadores de eirexas,
a lingua maldita dos asasinos,
dos saltadores de camiños,
de tódolos bandoleiros sen perdón
e dos guerreiros mercenarios,
a fala muda dos pobres de pedir
e dos cás escorrentados da lareira.
Falo coa miña fala vagamunda,
cos berros das mulleres no parto,
coa voz de cada exiliado da vida.
eu falo en galego…¿e ti?…

En galego.

A %d blogueros les gusta esto: