Os compoñentes de “CUERDAS Y VOCES”

Con motivo desta Celebración no noso Centro, animámosvos a que vos acheguedes para ver e gozar de todos os actos que se realizarán mañán mércores             as 17:30 h.
Pola nosa banda, ofrecerémosvos sete interpretacións musicais.
Tamén faremos unha pequena reseña do autor homenaxeado, Valentín Paz Andrade, e recitaremos o poema “Cando ti volvas” do poemario Pranto matricial  que Carmen Penim adianta do novo disco do dúo na Fronteira.
Para os amantes da poesía, inserimos devandito poema:

“Cando ti volvas…”

Na matricial galiza, sempre túa,
que dend-a Torre d’Hercules ao Miño
un facho acenderá por cada illa,
cando ti volvas pol-o mare;
de toxo unha fogueira en cada monte,
cando ti volvas pol-o mare;
dos castros na coróa unha cachela,
cando ti volvas pol-o mare;
unha loura candea en cada pino,
cando ti volvas pol-o mare;
o seu cirio de frouma os alciprestes,
cando ti volvas pol-o mare;
luces de ardora branca en cada mastro,
cando ti volvas pol-o mare;
un farol mariñeiro en cada dorna,
cando ti volvas pol-o mare;
veliñas â xanela en cada casa,
cando ti volvas pol-o mare;
e as pérolas das bágoas derramadas,
cando ti volvas pol-o mare,
cando ti volvas pol-o mare…

Paz Andrade, Valentín (1955). Pranto matricial (Buenos Aires: Ediciones Galicia del Centro Gallego de Buenos Aires)

Maria Ángeles Corral Sousa

A %d blogueros les gusta esto: